Lugo, a 23 de decembro de 2020. O goberno provincial, presidido polo socialista José Tomé, é recalcitrante no erro, insistente na chapuza e persistente no exercicio do obscurantismo. É así en moitos aspectos da súa xestión, pero de maneira extraordinariamente chamativa en todo o que ten que ver coa disolución de Suplusa e a encomenda do servizo de mantemento das zonas verdes provinciais a Tragsa. Agora, prepara un contrato con esta empresa pública por dous anos, por importe de 1.700.000 euros e cédelle gratuitamente a maquinaria . De novo, e de pese a todos os avisos dados polos populares, queda de manifesto que a desaparición de Suplusa, lonxe de adelgazar a Deputación, engordou os custos da administración provincial, e provoca unha sobrecarga para o erario, porque con Tragsa o mantemento das zonas verdes sae moito máis caro que con Suplusa.
O viceportavoz popular, José Antonio García, ve, unha vez máis, confirmados os seu temores iniciais acerca de que encomendar as zonas verdes a Tragsa suporía un incremento de custos. “Un incremento que, como vemos, se dispara e que, ademais, abre novos interrogantes para os que queremos explicacións”, di García.
Entre outras cuestións que están pendentes de aclarar, e para a que os populares reclaman explicacións de inmediato, é a da maquinaria. García declara: “No PP xa denunciamos que Tragsa estivo un ano utilizando a maquinaria de Suplusa sen que esta sociedade autorizase tal uso; preguntamos quen, no goberno da Deputación, deu permiso para que Tragsa usara as máquina de Suplusa e aínda non tivemos resposta”. E engade: “E agora resulta que a Deputación pasa a maquinaria que foi de Suplusa a Tragsa, pero xa de maneira oficial”.
A vista da situación, os populares, por boca de José Antonio García, preguntan ao goberno provincial se hai unha valoración da maquinaria que foi de Suplusa e que a Deputación traspasa a Tragsa. García sinala: “O primeiro que hai que dicir é que non temos nada claro que as máquinas sexan xa legalmente da Deputación; é dicir, non temos claro que estea completo o proceso de disolución de Suplusa e a incorporación pola Deputación dos seus bens”.
O segundo aspecto da mesma cuestión, explicado por García, é este: “Xa dixen que queremos saber se hai unha valoración da maquinaria que se traspasa a Tragsa. Pero tamén queremos saber como se relaciona economicamente ese traspaso co custo real para a Deputación”.
García declara: “Queremos explicacións de todos estes aspectos nada claros na relación entre a Deputación e Tragsa. Por outro lado, insistimos en que os traballadores de Suplusa que atendían as zonas verdes teñen que ser subrogados na Deputación, como os que foron os seus compañeiros na sociedade provincial, e non en Tragsa”



















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



