Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2020. A Consellería do Mar aprobou axudas a 128 proxectos dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) por valor de máis de 7,3 millóns de euros no marco da convocatoria de 2020 aos proxectos destes grupos. Estas achegas, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP), catalizaron nesta convocatoria un investimento total de máis de 12 millóns de euros, ao sumar os preto de cinco millóns de aportación privada. Este foi un dos asuntos tratados hoxe na xuntanza que mantivo por videoconferencia a conselleira do Mar, Rosa Quintana, con representantes dos oito GALP de Galicia e na que tamén participou a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez.
Dos proxectos aprobados 65 son produtivos é dicir, proxectos enfocados a un tipo de actividade económica que supón a creación e/ou mantemento de postos de traballo. Para estes proxectos as achegas concedidas superan os 4,6 millóns de euros. Mentres, os 60 proxectos restantes son non produtivos, que non supoñen o inicio ou o desenvolvemento dunha actividade económica, cun valor total de axuda concedida de máis de 2,7 millóns de euros.
Todas estas iniciativas prevén crear 70 postos de traballo a tempo completo e a maioría atenden ao obxectivo de aumento do valor, creación de emprego, atracción de xente nova e promoción da innovación en todas as fases da cadea de subministración de produtos da pesca e da acuicultura.
En canto á distribución por grupos, 29 dos proxectos aprobados corresponden ao GALP 1 Mariña-Ortegal, cun importe total de subvención de máis de 1,1 millóns de euros. O GALP 2 Golfo Ártabro Norte conta con 25 proxectos aprobados con axudas por valor de máis de 597.000 euros; o GALP 3 Costa da Morte ten nove proxectos aprobados con axudas por valor de preto de 890.000 euros e o GALP 4 Seo de Fisterra ría de Muros e Noia Costa Sostible dispón de 11 iniciativas aprobadas por valor de máis de 1,4 millóns de euros en axudas.
Ademais o GALP 5 ría de Arousa ten 18 iniciativas aprobadas con axuda por valor total de preto de 1,4 millóns de euros e o da ría de Pontevedra conta con outros 14 proxectos aprobados con importe subvencionado de máis de 792.000 euros. Un total de 11 proxectos con valor económico de axuda de preto de 586.000 euros correspóndense co GALP 7 ría de Vigo A Guarda e outros 11 proxectos aprobados con importe subvencionado de máis de preto de 561.000 euros ao GALP 8 Golfo Ártabro Sur.
Aos proxectos aprobados nesta convocatoria súmanse os preto de 390 desenvolvidos no período 2016-2019 que contaron cun total de axuda pública de máis de 24 millóns de euros, e mobilizaron máis de 34 millóns de euros de investimento privado. Isto supuxo un investimento total de preto de 60 millóns de euros.
Na videoconferencia de hoxe entre a conselleira do Mar e os representantes dos GALP tamén se trataron diferentes aspectos relacionados coa continuidade das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) que desenvolven os grupos para os anos 2021 e 2022.
























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



