A Coruña, a 3 de decembro de 2020. “Estamos hoxe aquí para facer valer, en sede xudicial, toda a sen razón de Alcoa, a falta de xustificación do ERE e o despropósito ao que nos ten conducido esta empresa”, con estas palabras valoraba o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, o xuízo de impugnación do expediente de extinción que hoxe se celebra no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.
Un proceso que resulta clave no desenvolvemento do conflito, mais Carril insistiu en que a solución para garantir a continuidade industrial e os empregos non está nos xulgados. “A solución para parar definitivamente os plans de desmantelamento de Alcoa depende de decisións políticas, da intervención pública da planta”, aseverou.
Ás portas do TSXG, Carril -que comparece na vista como testemuña- subliñou que neste xuízo “imos demostrar con toda a contundencia o despropósito de Alcoa e a nulidade do ERE de extinción”. Neste senso, criticou a postura intransixente mantida pola multinacional, que boicoteou todas as saídas que se lle ofreceron, empezando pola proposta industrial do Ministerio e seguindo pola posibilidade de compra de GFG Alliance ou a proposición de adquisición a través da SEPI, “impedindo así o mantemento de centos de postos de traballo da principal e das auxiliares e continuar coa produción de aluminio primario en San Cibrao”.
Unha actuación que cualificou de “auténtico terrorismo patronal” que, de permitirse, suporá a desaparición dun sector estratéxico para a economía do noso país como é o aluminio, e deixará a toda unha comarca sen futuro nin alternativa industrial.
Por iso, o secretario xeral da CIG esixe dos Gobernos español e galego que abandonen a pasividade e inacción e dean xa os pasos necesarios para a intervención pública da fábrica, a súa nacionalización, mediante un proceso de expropiación forzosa ou outro mecanismo, xa que é a única garantía de frear os plans de Alcoa e manter o emprego e a actividade das cubas de electrólise.
“Porque esta falta de acción decidida do Goberno español e da Xunta tamén nos leva a ter que defender hoxe os postos de traballo e as capacidades produtivas de San Cibrao diante da xustiza”, concluíu.






















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



