Santiago de Compostela, 4 Decembro 2020. O BNG, como xa deixou claro coa abstención no Congreso, considera que a nova lei de Educación a LOMLOE, -e van oito en apenas trinta anos-, ten aspectos positivos que melloran a retrógrada Lei Wert pero carece de ambición e é unha oportunidade perdida para conseguir un ensino publico, laico e galego de calidade.
“Ten avances fronte á reaccionaria LOMCE que saúdamos, pero o BNG non se conforma cunha lei que na práctica supón retroceder quince anos, nunha especie de volta cara á LOE, pero conservando aspectos da Lei Wert que se podían ten corrixido e mellorado”, salientou a portavoz nacional, Ana Pontón, sinalando como aspectos de mellora a ratio por aula, os concertos educativos ou o ensino rural.
Si valora da nova lei que deixa aspectos moi relevantes baixo a competencia das comunidades autónomas e, neste sentido, -salientou Pontón-, o BNG “vai estar vixiante das decisións de Feixóo no desenvolvemento de aspectos tan substanciais como o galego no ensino, contidos dos currículos ou a atención ao alumnado con necesidades especiais”.
De feito, a líder nacionalista demanda ao presidente da Xunta que non se apunte ao falso debate do ataque ao castelán: “que non se empeñe en abrazar o discurso máis reaccionario da extrema dereita”, subliñou, tras avanzar que “desde o BNG propoñemos que o galego sexa a lingua principal no ensino público e que se levanten os vetos ao uso da lingua propia en materias como matemáticas imposto pola política lingüicida de Feixóo. Queremos un ensino galego e en galego”, recalcou.
O BNG propón reducir as ratios nas aulas que acollan estudantes con necesidades educativas especiais e diferenciadas, e para iso pide ao Goberno de Feixóo que dote o sistema dos e das profesionais necesarias, criterio que fai extensivo a zonas deprimidas e ao rural, que deben contar con máis persoal docente. De feito, tamén cuestiona que a LOMLOE manteña as ratios das aluas ordinarias da Lei Wert, -25 en infantil e primaria e 30 para secundaria-, en lugar de reducilas.
En relación aos centros que separan ao alumnado por sexo, o Bloque reclama a supresión “inmediata” de calquera tipo de financiamento ou axudas públicas aos centros do Opus Dei que segrega por sexo, “porque se algo precisamos é unha educación en valores que fomente a igualdade entre homes e mulleres”, explica Pontón.
Coa LOMLOE a Xunta terá a competencia para desenvolver o 60 % dos currículos, o que para a líder nacionalista supón “un pequeno avance que hai que aproveitar para deseñar currículos que teñan en contan a realidade de Galiza e deixar atrás a práctica de corta e pega curricular á que nos ten afeitos o PP”.
A nova lei “ten avances con respecto á regresiva e reaccionaria LOMCE pero supón unha oportunidade perdida e por iso mantemos a aposta por unha Lei Galega de Educación que contemple as nosas necesidades e capaz de dar resposta aos retos que temos por diante coma país”, concluíu Pontón, tras o encontro que mantivo co secretario xeral de CIG-Ensino, -sindicato maioritario na Educación-, e con Fernando Lacaci, presidente das ANPAS de Galiza, no que tamén participou o portavoz parlamentario de Educación, Manuel Lourenzo.





















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



