Mondoñedo, 21 de decembro, 2020. A Casa-Museo Álvaro Cunqueiro de Mondoñedo publica O labirinto do Imperio Secreto de Miguel Gon-zález Somovilla, terceiro caderno da súa Colección Selva de Esmelle, iniciada o ano pasado por estas mesmas datas.
Este novo volume, impreso o 22 de decembro de 2020 para conmemorar o natalicio do grande escritor min-doniense (1911-1981), ofrece unha antoloxía de vinte artigos en castelán, publicados en distintos medios entre 1959 e 1976, todos eles procedentes dunha das series xornalísticas máis enigmáticas de Álvaro Cunqueiro. A través destes textos, o autor recrea unha sociedade imaxinaria, distópica, con cidadáns que habitan un suposto Imperio Secreto rexido por sucesivas dinastías de gobernantes. Estes mandatarios, auxiliados por conselleiros poéticos e cantores do outono, contan co apoio de distintos organismos e departamentos: o Consello do Azar, a Chancelería Imperial de Gra-os e a Cámara de Xadrez, entre eles. A súa capital, temporal e «invisible», está situada no santuario lucense de Santa María do Cebreiro, unha referencia obrigada da ruta xacobea.
A selección e a edición dos artigos reunidos en O labirinto do Imperio Secreto, así como a introdución que pre-cede aos textos cunqueirianos, estivo a cargo do xornalista Miguel González Somovilla, autor de distintos traballos sobre o autor de Merlín e familia. Entre eles destaca a antoloxía xornalística Al pasar de los años (Biblioteca Castro, 2020), presentada o pasado 7 de marzo no Concello de Mondoñedo. O libro, preparado durante estes meses de pan-demia tras unha suxestión de César Cunqueiro, foi elaborado expresamente por Miguel González Somovilla para a Casa-Museo Álvaro Cunqueiro que coordina o profesor e crítico literario Armando Requeixo.
O primeiro artigo da serie dedicada ao Imperio Secreto (un total aproximado dunha trintena de textos) foi tecleado por Cunqueiro en Mondoñedo, na vella máquina Smith Premier, herdada do seu pai. Publicouse no desapa-recido diario La Noche de Santiago de Compostela o 10 de decembro de 1959, baixo o título «El Imperio Secreto y los esclavos». O asunto, segundo relata o propio Cunqueiro, está inspirado nun propos (breve comentario) do filósofo Émile-Auguste Chartier (Alain) na Nouvelle Revue Française, recollido no número correspondente a novembro de 1929.
Praza da Catedral 14
27740 Mondoñedo
Dende entón, e con algunhas intermitencias, Cunqueiro non deixou de lle dar voltas ao seu Imperio Secreto ata mediados dos anos setenta. A última columna incluída nesta serie, «Elecciones en el Imperio Secreto», veu a luz o 11 de febreiro de 1976 na revista Sábado Gráfico.
O Imperio Secreto serviulle a Cunqueiro como refuxio e lugar de observación. Dende esta trincheira imaxina-ria puido opinar e ironizar sen atrancos sobre cuestións moi diversas. E fíxoo nun país real, España, onde algún dos asuntos tratados neses artigos —xenofobia, racismo, tecnocracia, eleccións, espionaxe, desigualdade, censura— eran aínda auténticos tabús. Con todo, constatar tales evidencias non permite inferir con seguridade que Cunqueiro —que ofreceu sobre a serie escasas explicacións e sempre tanxenciais— pretendeu exercer determinada crítica social e polí-tica co Imperio Secreto ou só o escribiu como pasatempo e exercicio literario. Ambas as dúas posibilidades parecen verosímiles e non son necesariamente contraditorias nin excluíntes.
Esta vintena de columnas do Imperio Secreto constitúe unha mostra breve, pero moi representativa, do pe-riodismo cunqueiriano, esencial no conxunto da súa obra literaria. Os artigos de Cunqueiro publicados en periódicos e revistas ao longo de medio século poden lerse —como adoita dicir o seu fillo César— como «un inmenso diario» ela-borado por don Álvaro durante medio século, entre 1930 e 1981.
Nese diario, neses miles de artigos escritos por Álvaro Cunqueiro, sempre hai unha fiestra aberta á esperan-za. Por iso, no Imperio Secreto cunqueiriano, «los mandarines pedían a los súbditos que se aferrasen a sus sueños, y acariciasen en sus corazones la ilusión de días alegres y luminosos. De los fondos imperiales se pagaba una secta que sostenía que la Edad de Oro, cantada por los poetas antiguos y explicada por Don Quijote a los pastores, todavía no había acontecido».
A publicación conta co apoio do Concello de Mondoñedo e da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Con-sellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.
























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



