Lugo, 13 de xaneiro de 2021. A Deputación de Lugo colaborará coas obras para o acondicionamento da cuberta do teleclub da parroquia de Sante, en Trabada, cunha achega de 28.000€. O Presidente, José Tomé Roca, asinou coa representante da asociación de veciños de San Julián de Sante, Guadalupe Rego, o convenio de colaboración que materializa esta axuda da institución provincial, que servirá para desenvolver unhas actuacións que garantirán a funcionalidade, seguridade e habitabilidade do local social, que presta servizo a 180 veciños e veciñas.
As filtracións da cuberta, deteriorada polo paso do tempo, impiden realizar as diferentes actividades lúdicas e culturais da parroquia adecuadamente. Entre os traballos a realizar abordarase a substitución das lousas e a reparación do sistema de pluviais, revestirase a cheminea e colocarase unha lámina impermeabilizante e de illamento térmico. O custo total da obra ascende a 29.539 euros, dos que 1.539 euros serán abonados pola propia entidade beneficiaria.
Esta colaboración da Deputación de Lugo e a asociación veciñal de Sante Sante responde ao compromiso da institución de impulsar o rural a través do apoio activo ao seu tecido asociativo.



















O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



