Barreiros, 31 de decembro de 2020. O Concello de Barreiros vén de facer pública a recadación obtida coas inscricións das persoas que participaron no evento virtual máis Kms Barreiros. Con un total de 292 persoas anotadas, a recadación ascendeu a 1.356 euros que, tal e como se tiña anunciado, pasarán a formar parte do orzamento municipal para atender situacións de emerxencia social no concello barreirense.
A alcaldesa, Ana Ermida, amosa o seu agradecemento “a todas as persoas que solidaria, voluntaria e anonimamente contribuíron para que as máis de medio cento de persoas que agora mesmo reciben axuda por parte dos servizos sociais municipais poidan contar con maior orzamento para atender as necesidades vitais básicas.”
A mandataria municipal explica que “a idea inicial xurdiu do convencemento de que contamos con veciñanza solidaria e disposta a aportar o seu gran de area sen agardar nada a cambio para contribuír a unha sociedade máis xusta e igualitaria” e, nese sentido, remarca “a labor de xustiza social que debe desenvolverse desde as administracións públicas, aplicando criterios obxectivos na redistribución da riqueza.”
O Concello de Barreiros triplicou no orzamento do ano 2020 a partida de emerxencia social, con respecto ao orzamento do 2019, consignando 9.000 euros para este fin, triplicándose tamén os pagos realizados nese concepto durante o 2020 con respecto ao ano anterior.
Actualmente os servizos sociais municipais atenden a preto dunha trintena de familias que agrupan a máis de medio cento de persoas, téndose producido un lixeiro incremento de solicitudes no segundo semestre do ano.
Ana Ermida quixo manifestar “o firme compromiso do goberno municipal na atención ás persoas e no acompañamento das familias que poidan precisar de asistencia social, lembrando que as administracións estamos para facilitarlle a vida á xente e garantir a cobertura das necesidades vitais básicas en condicións de igualdade e con criterios xustos e obxectivos.”
Neste sentido, reiterou o agradecemento ás case trescentas persoas que non só fixeron do máis kms Barreiros un evento deportivo de éxito, senón tamén unha mostra da verdadeira solidariedade colectiva entre persoas.
Máis Kms Barreiros suma máis de 1.300 euros para necesidades sociais municipais

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



