Madrid, 11 de xaneiro de 2021. O portavoz do Bloque Nacionalista Galego no Congreso, Néstor Rego, interpelou ao Goberno polo incremento producido nos últimos nas multas impostas por parte da Garda Civil a embarcacións que non levan a bandeira española. “Esta intensificación case parece unha campaña de persecución específica con ánimo exemplarizante e de afección ao simbolismo español ademais de recadatorio, tanto por parte do Servizo Marítimo da Garda Civil, como por parte das unidades de patrulla por terra deste Corpo” destacou. Os nacionalistas preguntaron se se deron instrucións desde o Goberno español á Garda Civil para que realice esta campaña sancionadora e o motivo da mesma.
O BNG considera que esta obrigatoriedade de levar a bandeira española pode ser entendida no caso dos buques que saen a augas internacionais ou que se desprazan a augas territoriais doutros Estados, pois nese suposto a embarcación é considerada territorio do Estado español e debe ser facilmente identificada a bandeira baixo a cal navega, pero esta necesidade non se dá no caso das embarcacións que navegan exclusivamente por augas interiores ou que se atopan atracadas en porto. Rego sinalou que “a falta de bandeira visíbel non afecta á posibilidade de identificación da embarcación, pois debe lembrarse que todas elas deben levar tamén de forma obrigatoria o denominado folio de matriculación que permite aos axentes da Garda Civil comprobar a situación dunha embarcación amarrada ou que se atopa nas augas dunha ría”.
As embarcacións afectadas por esta campaña abusiva de multas son principalmente pertencentes aos barcos de pesca ou de marisqueo á boia, embarcacións auxiliares e embarcacións “recreativas”, mais tamén pequenas barcas, chalanas ou dornas utilizadas para recreo ou para a captura de peixe para autoconsumo. O deputado nacionalista salientou que “todas estas embarcacións estarían en principio obrigadas de forma absurda a levar a bandeira española para facilitar a súa suposta identificación mesmo aínda que non saian do porto. É máis, a lexislación vixente obriga mesmo ás bateas, que non teñen consideración de buques senón de artefactos á boia a se identificaren mediante bandeira, o que resulta curioso cando non hai posibilidade de desprazamento e nin tan sequera dispoñen dun mastro onde a pór”. Rego solicitou ao Goberno mudar a normativa que obriga a estas pequenas embarcacións a se identificaren mediante a bandeira española.
Neste sentido, debe terse en conta que no caso da maioría das embarcacións matriculadas en Galiza en ningún caso saen de augas interiores polo que non existe esa necesidade de identificación por parte de autoridades estranxeiras e o seu folio permite a súa fácil identificación polas autoridades competentes. Por este motivo, o BNG demanda que se dean instrucións para excluír ás embarcacións que pola súa actividade e tamaño non saen de augas interiores dos procesos sancionadores por ser a obrigación claramente desproporcionada.






















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



