Burela, 25 de xaneiro de 2021. Mañá, 26 de xaneiro, celébrase o Día Mundial da Educación Ambiental, unha xornada na que se busca sensibilizar ás persoas sobre a delgada liña que existe entre o desenvolvemento humano e a conservación do planeta.
A concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, lembra que “o Concello de Burela conta con dúas monitoras de educación ambiental que durante todo o ano realizan actividades para crear conciencia nas persoas sobre a importancia de coidar o medio ambiente, protexer a flora e a fauna. E como non podía ser doutro xeito durante esta semana realizarán diversas actividades para celebrar esta efeméride”.
A edil burelesa conta que “o martes e o mércores, 26 e 27 de xaneiro, a alumnado de Infantil do CEIP Virxe do Carme participará nun conto escenificado con títeres O gorrión Valentino, que nos axudará a inculcar o valor de amar a natureza e coidar o medio ambiente para asegurar a vida de todos os que vivimos neste planeta. O venres serán os alumnos e alumnas de 4º de Primaria do mesmo CEIP os que reciban a charla O chan e os inodoros non son papeleiras nin contedores de lixo, coa que pretendemos concienciar da problemática que supón tirar polo inodoro determinados obxectos: toalliñas húmidas, aceite usado, bastoncillos dos oídos, produtos de hixiene feminina, condóns… Esta mestura de produtos de hixiene persoal con graxa pode formar fatbergs nas nosas alcantarillas”. Toñi Eijo indica que “os españois tiramos 10 quilos de residuos sólidos por habitante e ano polo inodoro, lixo que chega ás estacións depuradoras e xera problemas ambientais e económicos estimados en torno aos 230 millóns de euros anuais. Tamén intentaremos concienciar da necesidade de non tirar lixo na rúa nin en zonas verdes, e da problemática dos microplásticos”.
Eijo engade: “eu, como concelleira de Medio Ambiente do Concello de Burela, teño intención de seguir realizando campañas de sensibilización y educación ambiental, xa que teño claro que é imprescindible facer que as persoas tomen conciencia e se sensibilicen con respecto aos problemas medioambientais da súa contorna, para que entre todos poidamos buscar, protexer e brindarlles solucións. E estou apostando polas redes sociais como nova canle para a educación ambiental”.


























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



