Burela, 29 de xaneiro de 2020. O Concello de Burela publica hoxe un anuncio mediante o que queda prohibida temporalmente a estancia e permanencia de calquera persoa nos parques infantís, parques e prazas de titularidade ou uso municipal. Estará permitida a circulación peonil en tránsito, sempre e cando non se produzan paradas inxustificadas nin agrupacións de persoas non convivintes neses espazos. No anuncio, que está colgado na web municipal, tamén se informa que o mercado semanal seguirá a celebrarse en Torrentes, seguindo a normativa sanitaria en vigor en cada momento. O obxectivo da adopción destas medidas é facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo covid19.
O alcalde, Alfredo Llano, dixo que “o que pretendemos con este decreto é lembrar e ser coherentes co que di a normativa. Hai que ter en conta que en Burela, agora mesmo, están baixando os casos, pasamos dos cincuenta e algo e agora estamos en menos de corenta. Cremos que debemos seguir así. Hai que tratar de atallar o antes posible o coronavirus. Hai que rematar coa cadea de contaxios porque xa vemos as consecuencias que está traendo e temos que frealo entre todos”.
O rexedor sinalou que “o decreto di claramente que nos lugares públicos, como poden ser unha praza ou un parque, está permitido que se circule, pero non se pode parar e manter conversas entre varias familias. Hai que evitar da maneira máis radical os contaxios. Iso vai entrar en vigor hoxe. Tanto nos parques como nas prazas e nas rúas hai que procurar circular fluidamente. A normativa xa di claramente que só poden ir convivintes, polo tanto creo que queda claro que a nosa intención é acabar cos contaxios”.
Llano lembrou que “temos pechado noutras ocasións os parques, pero esperemos que non faga falta facer iso. Colocaremos uns carteis lembrando a normativa para que non haxa a mínima oportunidade de contaxiarse. Espero que se entenda esta normativa que é polo ben de todos, para acabar dunha vez con todo isto e poder normalizar a vida socioeconómica e ter máis seguridade sanitaria. Contamos coa responsabilidade da veciñanza de Burela, que sempre o fixo de marabilla, e con esta nova normativa esperamos que en pouco tempo se vaian aclarando as cousas e facer unha vida normal, que é o que queremos todos”.
Desde a Concellería de Deportes e de Turismo, Ramiro Fernández Rey, indicou que “está pechado o barco museo Reina del Carmen e tamén as instalacións deportivas municipais, que so poderán ser empregadas polos equipos que teñen permitido competir, seguindo todos os protocolos sanitarios en vigor”.
Felicitación ao Burela FSF
Por outra banda, o alcalde de Burela felicita ao Burela Fútbol Sala Feminino polo recoñecemento recibido como mellor equipo do mundo. O rexedor dixo: “quero manifestar a nosa satisfacción e o grande pracer de toda a veciñanza de Burela polo éxito acadado polo noso equipo de fútbol sala feminino, que non soamente gañou a Liga, a Recopa, a Supercopa e a Copa da Raíña senón que ademais logrou un título extraordinario como é o recoñecemento do mellor equipo do mundo. Isto para Burela é un éxito absoluto porque ademais non soamente indica que o club traballa moi ben senón que aquí en Burela existe unha afección sen a que sería imposible acadar os éxitos que se están logrando”.
Alfredo Llano engadiu que “traballan con rigor para facer equipo, con xente moi valiosa que son as xogadores pero tamén o club está facendo as cousas moi ben. É motivador para que a xente practique deporte e danos optimismo a todos para seguir traballando”. E subliñou: “ademais quero destacar a importancia que deu ao concello de Burela. Hoxe estamos situados no mapa do mundo grazas a esta circunstancia. Parabéns ao club, á afección e á veciñanza de Burela por esta proxección que se acada a través do deporte, unha das cousas máis a ter en conta nas vilas”.























O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



