Burela, 5 de xaneiro de 2020. En Burela non haberá hoxe a tradicional cabalgata dos Reis Magos por mor da pandemia do covid, pero as súas Maxestades de Oriente pasarán polo Concello esta tarde e saudarán ás nenas e aos nenos desde o balcón da Casa Consistorial.
O alcalde burelés, Alfredo Llano, declarou que “este ano en Burela, como en moitos outros sitios, non puidemos organizar a Cabalgata de Reis, polas causas que todo o mundo coñece derivadas da pandemia, do coidado que hai que ter e da seguridade sanitaria. Pero tampouco queremos que non haxa motivo de optimismo, de esperanza e de ledicia nos nenos e tamén nos maiores para afrontar con confianza este ano 2021”.
O rexedor indicou que “imos facer un acto sobre as seis ou sete da tarde no balcón do Concello. Aparecerán os tres Reis, dirixiranse aos nenos e nenas que estean aquí cos seus papás, e animaranos a que se deiten hoxe cedo porque mañá van ter seguramente unha sorpresa moi agradable cada un nas súas casas”.
Llano manifestou que “é unha pena que non se poda facer a cabalgata porque sempre era moi meritoria, moi ben organizada por Ledicia, coa súa vistosidade no seu paseo polas rúas. Este ano foi así como tamén houbo que renunciar a outras cousas, pero, sen embargo, o espírito debe estar aí, debe seguir e debemos estar animados. Así que convidamos a todas aquelas persoas que poidan achegarse cos seus fillos, cos seus netos ou os seus amigos á praza do Concello esta tarde para ver aos Reis Magos”.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



