Hoxe por hoxe, despois do rescate á banca (non fixo falta para iso coronavirus) ou ás autovías (tampouco…), o pagar por non deixar executar contratos que outras administracións tiñan concedido alegremente (tampouco para isto), subvencionar ás eléctricas se o mercado non respondía abondo (fai falta seguir?), atopámonos coas peticións de rescate a conta do coronavirus. Sexan liñas aéreas (máis grandes, e por iso as que reaccionaron antes ó ter os medios para facelo), hostalería, e logo, unha longa ristra (coido que o último rescate pedido que vin foi a conta das perruquerías), o mercado quere rescate e baixa de impostos. Algo que se diría contraditorio se se estima que isto é un xogo de suma cero. Pero iso é só se se botan as contas para toda a sociedade. Mentres que non sexa así, as contas non teñen por que ser cero. E quen pide non ten por que mirar de onde van saír os cartos, senón onde van chegar. E, se un sector é bonificado, haberá outros que se sintan discriminados, aínda que a suma correspondente a ese conxunto xa sexa positiva. Remata tratándose de ser ‘máis positivo’, o mesmo que coa acumulación de cartos: ter máis co viciño.
Ah, e non meto no cálculo as desviacións de diñeiro, amiguismos e corruptelas varias ás que nos teñen afeitos, do Rei abaixo, calquera con poder público ou privado que se preze de poder tratar de ti a ti a outro poder privado ou público. Parece que non temos amaño.
Así que, que fixemos para non ser rescatados? Ser persoas, pagar impostos, vivir unha vida normal, vender o noso traballo por un salario. Só iso? Que sinxelo!
A sociedade creouse e desenvolveuse a consecuencia de ir medrando unha rede social, estendida ata canta persoa formaba parte dela. E parece que ben cedo se rachou a aparencia de igualdade, pero aínda así, sempre foi o desexo e esperanza dunha parte maioritaria da xente, e algo gravado de xeito indeleble na mente das persoas ao menos dende o lema da revolución francesa: ‘liberté, egalité, fraternité’. O que non quere dicir, nin moito menos, que se conseguira, claro, senón que se fixo cada vez máis patente cando había desigualdade. E así agora chócanos (por empregar unha verba sinxela e suave) o que unha persoa teña prerrogativas para non ser xulgada, mesmo aínda despois de pasadas as condicións que serían a explicación para dita prerrogativa. Chócanos, pero non damos loitado dun xeito eficiente para que non pase, para que as grandes empresas e os poderes que teñen detrás sexan un sumidoiro de cartos ás que non lles importa moito a ineficiencia -ou nós- mentres manexen as canles polas que eses cartos lles chegan. Ou para darnos organizado para defender o noso dereito a ser iguais. Mentres, o camiño doado é seguir o das grandes empresas. Sexa para darlles os nosos cartos, na procura de traballo ou tentando imitalas no saqueo dos demais. Ou é que ti non queres ser rescatado?
Que non, que non se cambia o sistema? Que é preferible seguir coas contradicións? Que o propio sistema non tenta ver alternativas, senón compoñendas no sentido de ‘cambiar todo para que nada cambie’? … Ah, vale.



















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
Os senadores do PP por Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, xunto co portavoz de Interior do Grupo Parlamentario Popular no Senado, Luis Santamaría, mantiveron unha reunión no Senado con representantes da Asociación Española de Gardias Civís na provincia de Lugo, que lles trasladaron as principais reivindicacións do colectivo e analizaron os problemas e necesidades que afectan á Garda Civil na provincia.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



