Ribadeo, 2 de febreiro, 2021. A Agrupación Cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, vai celebrar o seu 50 aniversario cunha publicación especial dos seus Cadernos Ribadenses. Ao longo dos seus anos de historia, a A.C. Francisco Lanza foi un piar fundamental da actividade cultural do concello de Ribadeo e das comarcas mariñá e eo-naviega. Desde os últimos anos da ditadura franquista, pasando polos da transición, e ata a actualidade, desde 1971 ata o 2021, fomos facendo cultura e dinamizando a actividade cultural ribadense. Sempre con espírito construtivo, pero tamén con agudo sentido crítico, puxemos o dedo na chaga destacando aqueles temas de máis actualidade e promocionando todo o que tivera a ver coa nosa cultura e coa vida da nosa veciñanza. Tanto preparabamos eventos deportivos ou charlas e conferencias convidando ás persoas máis versadas sobre o tema, como organizabamos debates de máxima actualidade, concertos ou actos promocionando o libro galego.
Queremos aproveitar este cincuenta aniversario para lembrar a todas as persoas que fixeron posíbel tantos anos de actividade cultural, para repasarmos as diferentes achegas que fomos quen de facer desde este recuncho do país, para mostrarmos a nosa ilusión por encararmos outros tantos anos de vida colectiva. Para render homenaxe a todas as persoas que empurraron cara a adiante no activismo cultural contaremos con achegas de Eduardo Gutiérrez, Xavier Campos ou Dores Fernández Abel, de destacados persoeiros da cultura galega que pasaron por Ribadeo da man da nosa agrupación como Xaquín Marín, Xosé Lois o Carrabouxo ou Siro López, Marica Campo, Pilar García Negro, Francisco Rodríguez ou Xosé Manuel Beiras; por suposto, todas aquelas persoas veciñas de Ribadeo e comarca que colaboraron coa agrupación tamén van dar a súa visión da intensa actividade que desenvolvemos ao longo destes anos.
Á espera da evolución da situación sanitaria, agardamos poder sacar á luz este novo exemplar dos “Cadernos ribadenses” cara ao verán. En todo caso, e sempre que fora posíbel, cando se fora facer a presentación pública destes “Cadernos ribadenses” xa lle dariamos a debida publicidade para convocar a toda a veciñanza interesada en sumarse a esta homenaxe a participar nos actos que se organicen.























A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



