Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2021. A Consellería do Medio Rural xunto coa Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turimo e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) veñen de poñer en marcha a nova prestación do servizo de Atención e Información á Cidadanía a través do teléfono 012, mediante o cal os cidadáns poden presentar a necesaria declaración responsable de aproveitamentos madeireiros para uso doméstico de forma telefónica.
Deste xeito, aquelas persoas que por diversos motivos teñen dificultades para realizar o trámite a través da Sede Electrónica da Xunta, poden presentalo a través deste teléfono. Este servizo soamente está dispoñible para aquelas cortas de madeira cuxo destino sexa o uso doméstico -frecuentemente para leñas- e que non vaian ser obxecto de comercialización.
Neste senso, os axentes do 012 comproban que as parcelas onde se vai realizar a corta non teñan afeccións sectoriais ou de protección do dominio público, xa que nese caso debe tramitarse unha solicitude de autorización polo procedemento ordinario.
As persoas interesadas deberán dispoñer da información básica do aproveitamento -especies, número de árbores, peso ou volume aproximado e referencia catastral da parcela- no momento da chamada, e serán guiadas ata a completa presentación da súa declaración responsable, cubríndose os mesmos datos que no procedemento da Sede Electrónica.
Este procedemento debe conxugar as facilidades para o cidadán coa necesaria seguridade xurídica, polo que as chamadas serán gravadas e comprobarase a identidade da persoa a través dos datos do seu DNI. Unha vez presentada a declaración responsable, esta incorpórase inmediatamente ás aplicacións de xestión de aproveitamentos madeireiros que emprega a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal para a inspección e control dos mesmos. De xeito paralelo, o expediente é remitido á Carpeta Cidadá da persoa interesada, polo que no caso de que acceda á Sede Electrónica cun certificado dixital ou Chave365 poderá ver e descargar o documento xustificativo da presentación.
Unha vez rematada a chamada telefónica coa presentación da declaración responsable, as persoas interesadas xa poderán realizar o aproveitamento doméstico (leñas) e non comercial cando o desexen.
Compromiso da Xunta
Con este novo servizo, a Xunta afonda no seu compromiso de achegamento aos cidadáns a través da simplificación de trámites administrativos e a atención a colectivos con dificultades de acceso a medios electrónicos.



















Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
O acto será este venres, 8 de maio, ás 20.30h na biblioteca El Viejo Pancho, conducido por Xermán Viluba.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.



