No ano 1992, Bill Clinton usou un lema oficioso de campaña cunha idea que se ten parafraseado noutros campos. Dicía ‘É a economía, idiota!’, dando a entender que ese era o tema central sobre o que ían aquelas eleccións, no que había que fixarse, o importante. Recollo o lema e adáptoo á actualidade: É a confianza, idiota!
Pouca confianza tiñamos xa nos nosos políticos. Ben, é un falar, non son nosos, sinxelamente, témolos. Pois iso, viñamos arrastrando unha baixa de confianza continuada dende non tanto tempo despois de comezar o estado democrático. E, despois da crise económica da primeira década do século, cando podía ter levantado algo a confianza se se viran os esforzos que eles mesmos podía e tiñan que ter realizado, a corrupción non deixou que tal cousa sucedera. Agora, o desenvolvemento da pandemia leva aínda máis baixo o nivel. E iso é malo para todos.
Que si, que levar un estado nunha crise non é doado: por iso se lle chama crise. Pero o caso é que a navegación desa crise repercute, está a repercutir, na nosa confianza. Nos políticos e na sociedade, que constituímos entre nós, os nosos veciños… E isto último é o que máis conta.
A sociedade necesita confianza para funcionar. Non só por non ser posible que normas, decretos ou leis cubran todos os aspectos e pequeneces da vida diaria (de aí a importancia do que tamén se pode chamar ‘memoria histórica’, a tradición), senón porque a confianza impulsa a colaboración. A confianza lubrica e elimina roces, actúa como pegamento que refai o rachado, permite delegar no outro e quedar tranquilo, contribúe ó benestar. Polo contrario, a falta de confianza disgrega. Fai medrar a suspicacia e mesmo ver fraudes onde non os hai (que xa hai abondos). Déixanos intranquilos polo traballo dos demais. E a inquedanza temerosa non permite o asomo do benestar.
Si, claro, o ideal é un equilibrio entre confianza e desconfianza: se confías plenamente, deixas de controlar, de preocuparte e participar, de ser, para pasar a ser só por delegación de algo alleo. Parello a cando tes plena desconfianza e convérteste nun pasota doutro estilo ou un antisocial (desa sociedade).
Confianza, responsabilidade, exemplo. Tres palabras relacionadas e convenientes sempre, necesarias como nunca. Confianza e responsabilidade ou a falta de responsabilidade dos políticos polo seus actos (as súas decisións son actos tamén), blindados por si mesmos, que produce desconfianza. E a irresponsabilidade que amosan, en troques de ser exemplo para a cidadanía, é tamén mal exemplo.
Solución? Non hai pocións milagreiras, mais son coñecidas varias bases que poden facer aumentar a confianza. Transparencia, que todos podamos ver que pasa. Participación, o ter a posibilidade de que todos podamos poñer o noso gran de area. Vontade… non só fai falta tela, senón amosar que se ten. Pode que este punto sea o clave: deixar de amosar o que non se ten.



















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).