Burela, 23 de febreiro, 2021. O alfocego Juanma Marrube non continuará á fronte do Pescados Rubén Burela FS. A directiva da entidade laranxa tomou esta difícil decisión, unha decisión moi meditada, co fin de atopar o revulsivo necesario para dar garantías aos obxectivos marcados para a tempada.
Juanma Marrube representa a grande esencia desta familia. O Mariskal e o club compartiron moitos dos momentos de ouro do fútbol sala mariñán. O sempiterno 8 laranxa ofreceu grandes tardes sobre o parqué, etapa á que puxo fin en 2014 para asumir a secretaría técnica da entidade laranxa. Tras o seu debut como técnico do asturiano Boal FS, de Segunda B, en 2017 asumiu as rendas do Pescados Rubén para abandeirar o regreso a Primeira, conquistando o ascenso á elite en 2018-19, e outorgando dúas Copas Galicia para a vitrina burelista.
Juanma demostrou sempre unha gran capacidade de dedicación, esforzo e profesionalidade. Chegou o momento de separar os camiños, aínda que este non pode ser un adeus. O Mariskal sempre terá estas portas abertas; novos proxectos poden reencontrarnos.
O técnico despedirase este mércores en rolda de prensa.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



