As gañadoras dos premios do concurso de customización de mascarillas organizado polo Concello de Foz dentro do programa de actividades de Entroido son Lucía Pacio Iglesias e Azahara De la Peña González, en categorías de adultos e infantil respectivamente. Ademais este xoves abrirá ao público a exposición sobre o Entroido focense que está instalada no CENIMA. Poderá visitarse ata o día 28 deste mes, respectando todas as medidas sanitarias anti-COVID.
![Lucía Pacio e Azahara De la Peña gañaron o concurso de mascarillas de entroido organizado polo Concello de Foz, que este xoves abre a exposición instalada no Cenima](https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2021/02/170221-LUCIA-PACIO-IGLESIAS-PREMIADA-CATEGORIA-ADULTOS-CONCURSO-MASCARILLAS-ENTROIDO-FOZ.jpg)