Burela, 5 de febreiro de 2021. O Concello de Burela ven de sacar a licitación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) na modalidade de dependencia, por un montante total do contrato de 1.401.055,55 euros cun presuposto base de licitación de 662.317,15 euros. O prazo é dun ano máis posible prórroga doutro. As empresas poden presentar as súas ofertas ata as 23:59 horas do 11 de marzo. O goberno local estima que o número de horas podería incrementarse ata nun 20% nestes dous anos.
A concelleira de Servizos Sociais, Carmela López, sinala que “35.000 horas son as que se prestarán e deberán ofrecer servizos de podoloxía, fisioterapia e perruquería a domicilio. Na actualidade o SAF na modalidade de dependencia conta con 70 usuarios e usuarias en Burela, número que podería medrar”.
A edil burelesa explica que “o SAF é un contrato para un servizo moi importante que desexamos continúe a ser de máxima calidade, como ata o momento, sobre todo nos tempos que corren. Engloba 35.000 horas anuais, aproximadamente 2900 horas ao mes, que asumen 24 auxiliares de axuda a domicilio para atender a 70 veciños e veciñas de Burela. Sacámolo a un prezo tipo de 18,92 euros a hora IVE incluído, ao que máis do oitenta por cen vai destinado a custes de persoal, o que significa unha actualización notable e digna en canto ao prezo hora do último contrato licitado (12,27 hora laboral, 13,26 euros hora festiva) e que non contaba coa actualización do salario mínimo interprofesional, o cal mellorou as condicións das profesionais que desenrolan este tipo de traballo”.
Carmela López insistiu en que “contempla todo tipo de atencións de carácter persoal, de necesidades domésticas e acompañamento. Trátase dun servizo que debemos coidar e valorar, xa que é esencial”.


















Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.
Cabe sinalar que o concello de Castro de Rei solicitou xa a súa adhesión ao novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Destacou así que a prevención é unha tarefa compartida por administracións e propietarios. Sinalou tamén as importantes novidades que presenta este convenio con respecto aos anteriores acordos, como é o incremento do orzamento, que ascende ata os 25 millóns de euros anuais.
A charla será impartida por Diego Fernández Méndez, colaborador da asociación, quen repasará a evolución do sector conserveiro e o seu impacto económico e social no municipio. A actividade inclúe un recoñecemento ás mulleres traballadoras de Conservas Albo, coincidindo coa conmemoración do 8M, cunha mención especial ás últimas empregadas que pecharon esta etapa histórica. A xornada rematará cunha degustación de produtos da marca.