Lugo, 12 de febreiro de 2021. O PP de Trabada defende e aplaude a incorporación de novos servizos e infraestruturas no municipio. Nesta liña, está totalmente a favor da construción dunha pista del pádel, xa iniciada, pero discrepa abertamente da ubicación elixida, porque afecta, innecesariamente, ao campo de fútbol, que quedará inutilizado. Así o indica o portavoz popular, José María Fernández, que considera unha “aberración” desfacer unha instalación deportiva para construír outra.
Fernández explica: “Iniciáronse as obras para unha pista de pádel no concello de Trabada e visto onde se está facendo a escavación, considero unha aberración o sitio elixido”. Sinala: “O campo de fútbol de Trabada foi reformado cando gobernaba o PP: drenouse e fixéronse vestiarios e bancadas. Dende que goberna o Partido Socialista, hai seis anos, non se fixo ningún mantemento no campo de fútbol. E agora encontrámonos con que se vai anular coa a pista de pádel”.
O portavoz popular tamén di: “Queda o campo de fútbol totalmente inutilizado. Paréceme de moi mal gusto o emprazamento elixido, habería que buscar outro enclave”.
Fernández asegura: “No PP estamos de acordo en que se fagan instalacións deportivas; todo o que veña para Trabada é benvido pola nosa parte, pero facer esta pista sobre o campo de fútbol e deixalo inutilizado parécenos un grave erro”.






















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
