Foz, 1 de febreiro de 2021. O PP de Foz presentará unha moción no Concello para reclamar da Deputación o deseño e execución dun plan para a mellora do entorno da igrexa de San Martiño e do barrio de Caritel. Así o anuncia a concelleira popular Verónica Soto, que tamén adianta que o PP defenderá unha moción no mesmo sentido na Deputación.
Os populares destacan que o concello de Foz ten un importante patrimonio histórico, que debe se coidado e posto en valor polas diferentes administracións públicas. Neste termo municipal atópanse varios xacementos castrexos e diferentes edificios singulares. De entre todos eles destacan dous bens declarados de interese cultural galego: o castro de Fazouro (dende 2017) e a igrexa de San Martiño (dende 1931).
A concelleira Verónica Soto sinala: “O Partido Popular pretende que o pleno se manifeste a favor da recuperación do entorno do conxunto histórico de San Martiño de Mondoñedo e máis particularmente do barrio do Caritel. A rúa que atravesa o barrio do antigo Mindunieto, que dá nome a unha das sés máis antigas de Galicia (Mondoñedo), está en moi mal estado e pavimentada en formigón dende hai moitos anos e, o aparcadoiro da basílica, en asfalto mal conservado. Chama a atención que un entorno con tanta historia non estea pavimentado en materiais nobres, en concordancia coa maxestosa basílica de San Martiño, que preside o barrio”.
A mesma concelleira popular di: “O propio cronista oficial, Suso Fernández, leva tempo demandado unha actuación para readaptar os baños que se instalaron na área recreativa, que nada teñen que ver coa configuración estética do que hai ao redor”.
Soto anuncia: “Nunha moción que presentaremos no próximo pleno pediremos que a Deputación de Lugo prepare un plan rigoroso de recuperación do entorno do barrio do Caritel; entendemos que debe ser o ente provincial o que o faga, porque o resto de administracións públicas, nos últimos anos, si axudaron a poñer en valor a que se di que é a catedral mais antiga de España. Recentemente a Xunta creou o Centro de Interpretación de San Martiño, despois de que o Estado realizara unha magnifica obra de rehabilitación da propia basílica”. Engade: “Cremos que son competencias propias da Deputación porque, ademais das meramente culturais, o ente provincial é titular das dúas entradas que rodean e comunican o barrio e que dan acceso tanto aos aparcamentos como á propia rúa”. Os populares de Foz pedirán o apoio dos partidos representados na corporación municipal e o grupo provincial do PP levará ao pleno da Deputación unha iniciativa no mesmo sentido, que defenderá o portavoz popular tanto no Concello como en San Marcos, Javier Castiñeira.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



