Santiago de Compostela, 15 de Febreiro 2021. A portavoz nacional, Ana Pontón, demanda “rigor e máxima prudencia” ao presidente da Xunta ante unha eventual desescalada tendo en conta que Galiza segue en cifras en risco extremo de pandemia e tendo en conta o problema no subministro da vacina, ao que se suma que o plan de vacinación segue a ser unha sucesión de anuncios propagandísticos.
Neste contexto, apela a non repetir os erros que trouxeron unha terceira onda convertida na máis virulenta da crise.
“É necesario extremar a precaución e o rigor nas medidas que se adoptan para evitar dar pasos atrás, porque se ben hai unha baixada dos contaxios a situación é de risco extremo. Por iso, calquera medida debe ser estudiada e analizada con lupa, sen entrar nunha absurda carreira pola desescalada porque xa vimos ás consecuencias de poñer por diante da saúde calquera outra consideración”, explicou a líder nacionalista.
Pontón indicou que a evolución do virus está “nun momento decisivo” e un paso en falso pode pagarse moi caro en termos de saúde e, neste sentido, mostrou a súa preocupación pola falta de coordinación no propio Executivo. “Mentres Feixóo falaba de desescalada e de flexibilizar as restricións o seu propio conselleiro de Sanidade o desmentía, e na peor fase da pandemia non podemos ter un goberno que se contradiga a si mesmo”, alertou.
Todo isto mentres o Goberno do PP segue sen remitir ao Parlamento o plan de vacinación, “do que nada se sabe salvo os anuncios propagandísticos do presidente da Xunta, o mesmo que tardou máis dun mes en vacinar ás 40.000 usuarias e traballadoras das residencias pero que presume de que en dous meses pode vacinar a case tres millóns de galegas e galegos. Unha tomadura de pelo nun asunto capital”, indicou, ao que se engade as dificultades de subministro do antídoto.
A líder do BNG tamén puxo sobre a mesa a urxencia de mellorar o actual sistema sanitario e de coidados aproveitando os recursos extraordinarios dos fondos de recuperación europeos. En concreto, fixo referencia ao programa Xerar Futuro, Galiza Next no que o Bloque formaliza as súas propostas para mobilizar 14.800 M€ utilizando eses fondos e tamén parte dos previstos no Marco Financeiro Plurianual 2021-2027 da UE, para saír da crise e sentar as bases do desenvolvemento de Galiza nas próximas décadas.
Dentro do Galiza Next, o BNG formula un plan para reforzar o sistema público de saúde e poñer en marcha un novo modelo de coidados das persoas maiores dotado con 775 M€. “Se algo nos ensinou esta pandemia é que sen servizos públicos fortes capaces de velar pola saúde e polo coidado das persoas non hai futuro, nin no económico, nin no social”, explicou Pontón.
Estratexia FOGAR
Eses 775 M€ servirían para reforzar a atención primaria e a medicina preventiva, ampliar a atención hospitalaria, activar un plan de atención a saúde mental, reverter as privatizacións, poñer en marcha unha estratéxica galega xenómica e de medicina personalizada e crear un centro de alertas epidemiolóxica, porque a COVID non será a última pandemia.
No ámbito dos coidados, o programa Xerar Futuro, Galiza Next inclúe a estratexia FOGAR para garantir o dereito a unha vellez digna, con propostas como un modelo que aposte por residencias públicas, no que a atención domiciliaria sexa elemento central para atender as persoas maiores no seu propio entorno e incorporando as novas tecnoloxías aos coidados.


















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



