A comparación de titulares estase a converter nun pasatempo divertido. A última quenda deuma a nova dos estudos dunha princesa. Como non podía ser menos, había que comunicarlle á prensa que ía formarse fóra, seguindo a tradición familiar, para facerse mundana. E, quizais para minimizar algún aspecto, había que aclarar que o orzamento non o íamos pagar directamente cada un de nós. Ou sexa, que sae do orzamento da Casa Real. Que só sae indirectamente de nós. Non se aclara máis, nas novas que vexo, se gardacostas e outros detalles tamén saen indirectamente a través da Casa Real ou indirectamente a través de Patrimonio, como noutros reais casos.
A máis do rótulo aparecido na TVE, «Leonor se va de España, como su abuelo», que estimo é falso, porque o avó non se foi, senón que máis ben escapou, ou a viñeta ‘El abuelo’ de Manel Fontdevilla, na que ‘o avó’ pregunta por teléfono que esperan que aprenda a rapaza se alí onde vai non hai nin un paraíso fiscal, hai outras múltiples posibilidades, por separado ou por comparación, de agudizar o noso instinto de supervivencia fronte ó poder ó paso que esbozamos un sorriso sen sentirnos na pel de Pablo Hassel.
De pronto, unha foto déixanos claro que o tal colexio ten pinta de pazo con ameas, asociable de xeito doado á nobreza de sangue ou mercada. Non vou entrar nin sair dunha decisión que uns pais -”nobres de sangue”- poden tomar en relación á educación da súa filla. Pero, tratándose dunha princesa que ‘vai para raíña’ constitucional. e con cargo ó erario público, as cousas varían. E non polo prezo astronómico para un peto medio, senón por detalliños máis sutís.
O primeiro, que se supón que debe formarse para entender e atender ‘ós seus súbditos’. E en Gales non hai moitos, coido. É un centro privado e caro. Abro un paréntese para apuntar que por algures vin que alí ‘o 80 % dos estudantes españois teñen axudas de xeito completo’: non o creo, a pesar de dicir na mesma nova que esa rede internacional de centros reciben cartos de compañías multinacionais e persoas (o de ‘moi ricas’, suponse). En calquera caso, ser axudado por o gran capital, non parece o perfil adecuado para rexir sobre o 99 %. O obxectivo do centro pode ser formar unha visión altruísta (poñamos por caso, collendo un dos adxectivos empregados nas novas), pero máis ben se quedará en algo ou teórico ou máis achegado á caridade que á inserción colaborativa. E, poderá así ter amigas ‘do común’? Non estará consolidando ó seu arredor un sistema e un ambiente elitista, co colexio como un medio máis de reprodución, mantemento e purificación do sistema? A modo de exemplo do que significa esta idea, un subtítulo collido hoxe mesmo: “A política estatal segue superpoboada por unha elite de amigos, familiares e antigos compañeiros de colexio que xa mandaban nas profundidades do franquismo.” E non, o titular non se refería á princesa.
Máis cousas se poderían dicir aínda non entrando no que supón para a rede pública o sentir que non ten a confianza real (e non será por que en Madrid non haxa bos institutos) ou na formación na princesa dunha idea de rede pública como ‘rede educativa de segunda’.
Non, non ten por que ser así. Por exemplo, hai xente formada na privada que avoga pola educación pública. Pero non me fai falta unha estudo en profundidade para ver que somos minoría.


















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



