Lugo, 4 de marzo de 2021. A Deputación de Lugo lanzará nas redes sociais unha campaña audiovisual de sensibilización e visibilización do papel da muller no mundo laboral con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Así o informa a Deputada de Muller e Igualdade, María Loureiro, que avanza que este ano a institución provincial centrará a súa programación nos medios dixitais e prolongará as actividades ao longo de todo o mes.
A campaña consistirá na difusión de pequenas reportaxes elaboradas polo Servizo de Audiovisuais onde se conta a historia e vivencias persoais de mulleres en primeira persoa que residen na provincia de Lugo e traballan en profesións diversas. Coñeceranse diferentes ópticas, diferentes roles e experiencias co obxectivo de dar a coñecer as situacións de desigualdade que se dan no día a día e, á vez, poñer en valor os numerosos logros diarios que consegue cada unha delas nas múltiples tarefas que asumen a maiores da súa profesión.
Loureiro incide en que “nestes momentos de pandemia non podíamos deternos e o noso obxectivo é chegar ao conxunto da sociedade buscando fórmulas e iniciativas que nos permitan reivindicar unha igualdade real entre homes e mulleres, vivimos un momento onde estamos sufrindo serias ameazas de retroceso en materia de igualdade que non podemos permitir”.
Centros de maiores
Nos Centros de Atención a Maiores da Deputación de Lugo desenvolverase un conxunto de actividades baixo o lema “Compañeiras de vida”, co obxectivo de poñer en valor o traballo feito polas mulleres ao longo da súa vida, tanto no ámbito dos coidados como na súa actividade profesional como pioneiras no seu campo.
En cada unha das cinco residencias provinciais – Trabada, Ribadeo, Pol, A Fonsagrada e Castroverde – farán unha exposición propia con fotografías onde se amosa un cambio de roles: mulleres que desenvolven tarefas asignadas socialmente aos homes e viceversa.
Logo, cada centro está traballando en actividades e accións concretas como relatorios, cine, conversas e debates adaptados á realidade de cada unha das residencias.
CAM Trabada
Exposición fotográfica Igualdade nas tarefas e profesións
Exposición As nosas historias de vida. Homenaxe ás mulleres usuarias da residencia con recompilación de fotografías achegadas polas familias (realizando traballos no campo, coidado de fillos, etc.)
CAM Ribadeo
Exposición fotográfica Igualdade nas tarefas e profesións
TESTEMUÑAS: Recoñecemento ao traballo realizado polas mulleres e o valor achegado
RECOPILATORIO: Mulleres na ciencia, investigadoras, inventoras, xestoras…
HISTORIA DE VIDA: Relato en primeira persoa dunha usuaria adianta ao seu tempo, solteira, emprendedora
CAM Pol
2 de marzo: Sesión fotográficas sobre a igualdade nas tarefas
4 de marzo: Sesión fotográfica sobre a igualdade nas profesións. Obradoiro de igualdade
6 de marzo: Mural colectivo que representa o papel das mulleres nos coidados
7 de marzo: Cinefórum coa proxección de No soy un hombre fácil
8 de marzo: Inauguración da exposición fotográfica Igualdade nas tarefas e profesións. Obradoiro Conversas entre mulleres.
CAM A Fonsagrada
24 de febreiro: Obradoiro Igualdade.
2 de marzo: Ensaios e gravación da canción As Rimas das Valentes.
8 de marzo: Inauguración da exposición fotográfica Igualdade nas tarefas e profesións. Representación e gravación dunha canción .
CAM Castroverde
1 de marzo: Obradoiro de igualdade e sesión fotográfica
3 de marzo: Sesión fotográfica sobre a igualdade nas profesións
8 de marzo: Inauguración da exposición fotográfica Igualdade nas tarefas e profesións. Obradoiro Falamos do noso
Pancarta e alumeado da fachada
Dende este venres e ata o 8 de marzo da fachada do Pazo de San Marcos pendurarán pancartas en cor violeta en reivindicación da igualdade de homes e mulleres co lema “Querémonos vivas, libres e iguais”. Así mesmo, durante ese mesmo período, alumearase pola noite desa mesma cor, como símbolo da aposta firme e decidida en defensa dos dereitos, liberdades e a seguridade das mulleres.
























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



