Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2021. A Xunta axiliza a posta en marcha do local provisional cedido ao concello de Ribadeo para albergar o xulgado de Paz mentres duran as obras de acondicionamento integral nunha sede definitiva. A Dirección xeral de Xustiza está a programar o traslado a estas dependencias provisionais antes dun mes, tarefa na que espera a colaboración do concello de Ribadeo.
A Xunta investiu 42.000 euros no acondicionamento deste local provisional e, de acordo á resolución da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), considerase adecuado este inmoble temporal como sede provisional do xulgado de Paz.
A resolución do TSXG indicaba ademais a necesidade de buscar un espazo alternativo para arquivo e que a celebración de vodas do xulgado de paz se realizase no concello. O local ofrecido pola Xunta é válido para que os funcionarios poidan desempeñar o seu traballo en canto se levan a cabo as obras na sede principal pero non ten espazo para arquivo e celebración de vodas. Por iso, a Xunta solicita ao concello de Ribadeo colaborar para o traslado temporal destes servizos a outras instalacións municipais.
Entre as competencias da Xunta na Administración de Xustiza inclúese a dotación do cadro de persoal dos xulgados de paz, mentres que ás distintas administracións locais correspóndelles as instalacións e medios instrumentais para que o xulgado poida desenvolver a súa función. De todas formas, neste caso a Xunta tamén colaborou coa cesión temporal dun local provisional que, previamente, tivo que acondicionar.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



