Só a medio da represión (ducias de mariscadoras foron prendidas e algunhas botadas ao cárcere) e da vía de feito propias da ditadura franquista foi posíbel a ocupación no 1958 de grandes e moi produtivas extensións de terreo de dominio `público marítimo-terrestre na ría pontevedresa para construir unha celulosa promovida por unha empresa pública, despois privatizada. Esta celulosa fornecía e fornece dunha primeira transformación ao eucalipto galego, sen que nunca se construise unha integración produtiva con ulteriores transformación que lle desen valor á cadea, como si fixeron outras madereiras. É dicir, os gaños para ENCE e as perdas para os pontevedreses, tanto a xeito dos gravísimos custos ambientais que xera a celulosa como da servidume de non poder usar estes terreos públicos para outras finalidades social, ambiental, urbanística e económicamente máis úteis.
Dende 1999 Miguel Anxo F. Lores (BNG) é alcalde de Pontevedra, desenvolvendo un proxecto de cidade exitoso. O peche da actividade industrial de ENCE no seu emprazamento actual foi e é parte esencial deste proxecto e da axenda política e social do alcalde, do goberno local e da ampla maioría da ciudadanía pontevedresa que ven anovando o amplo apoio ao BNG e aos seus socios de goberno dende 1999.
Velaí que ENCE declarara a guerra á Cidade de Pontevedra, producíndose nestas últimas datas accións violentas abertamente delictivas que chegaron á agresión física ao Alcalde Lores e outros cargos municipais. Accións que contaron coa comprensión e falla de condena do PP e, quizais, cunha tolerancia policial que adoitamos non ver noutros conflitos.
O goberno Rajoy, de xeito abertamente ilexítímo por estaren en funcións, aprobou hai agora cinco anos unha prórroga até 2073 da concesión de ENCE a respecto dos terreos de dominio público que ocupa, que ía rematar no verán de 2018. O artigo 18 do proxecto de lei estatal para a Transición Enerxética quere reducir a un máximo de 75 anos as concesión desta caste de terreos de dominio público, co que a concesión de ENCE remataría no 2033.
ENCE tenta estas semanas confundir á opinión pública comparando o seu caso co doutras empresas galegas que si precisan do acceso ao mar e, xa que logo, da supresión deste malfadado artigo 18 deste proxecto lexislativo. Mais ENCE pode trasladar a súa actividade a outro lugar. Outra cousa é que prefira seguer a chuchar sen causa dos recursos públicos e non enfrontar unha lóxica de mercado na retribución dos seus factores produtivos.
ENCE quere tamén asociar o seu problema ao de desinvestimentos que atinxen actividades que si son estratéxicas, como a fábrica de aluminio de Alcoa en San Cibrao ou a de ferroalacións de Ferroatlántica en Cée. A actividade de ENCE é viábel fóra da Ría de Pontevedra e, no nunca demostrado suposto de non selo, o que cumpriría é un rigoroso plan público-privado para a desmontaxe da factoría, rexeneración dos terreos e desenvolvemento das novas actividades produtivas que enfrontasen os efectos no emprego do eventual peche da factoría de Lourizán.




















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



