Lugo, 8 de marzo de 2021. A rede de Centros de Atención a Maiores da Deputación de Lugo inaugura hoxe unha exposición propia con fotografías dos usuarios e usuarias baixo o título Igualdade nas tarefas e profesións. O obxectivo é amosar o cambio de roles: as mulleres desenvolvendo tarefas asignadas socialmente aos homes e viceversa.
Esta iniciativa enmárcase nun conxunto de actividades que organiza a institución nas residencias provinciais –en Trabada, Ribadeo, Pol, A Fonsagrada e Castroverde– con motivo do 8M, Día Internacional da Muller, baixo o lema Compañeiras de Vida, co obxectivo de poñer en valor o traballo feito polas mulleres ao longo da súa vida, tanto no ámbito dos coidados como na súa actividade profesional. Cada centro traballa en accións concretas como relatorios, cine, conversas e debates adaptados á realidade de cada unha das residencias.
Campaña audiovisual
A Deputación de Lugo ten en marcha nas redes sociais unha campaña audiovisual de sensibilización e visibilización do papel da muller no mundo laboral con motivo do 8 de marzo. A campaña consistirá na difusión de pequenas reportaxes elaboradas polo Servizo Provincial de Audiovisuais, nas que mulleres que residen na provincia de Lugo e traballan en profesións diversas contan a súa historia e vivencias persoais en primeira persoa.
Pancarta e alumeado da fachada
Dende o pasado venres e ata mañá, 9 de marzo, da fachada do Pazo de San Marcos pendurarán pancartas en cor violeta en reivindicación da igualdade de homes e mulleres co lema Querémonos vivas, libres e iguais. Esta noite, como nestes días pasados, alumearase o edificio desa mesma cor, como símbolo da aposta firme e decidida da institución en defensa dos dereitos, liberdades e a seguridade das mulleres.
Declaración institucional da Corporación
O Pleno da Deputación de Lugo aprobou no Pleno ordinario de febreiro unha Declaración Institucional a favor da loita pola igualdade, plena e efectiva, e dos valores do feminismo, factores esenciais para acadar unha sociedade xusta e para a mellora da democracia. Os grupos políticos con representación no organismo provincial -PSdeG, BNG e PPdeG- votaron a favor dun texto realizado conxuntamente con motivo deste Día Internacional da Muller.
Na declaración, a Deputación fai fincapé en que a crise sanitaria e a conseguinte crise social e económica provocada pola pandemia da Covid-19 afecta dun xeito máis grave ás mulleres e ás nenas, e que para cambiar esta realidade é imprescindible afrontar unha transformación social e estrutural dende a perspectiva de xénero, dende os valores do feminismo, dende a evidencia de que a crise da Covid está afectando máis ás mulleres e dende o convencemento de que o retorno á normalidade non é suficiente para as mulleres, porque a normalidade de antes de que chegase a pandemia seguía a estar baseada na desigualdade.


























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



