Burela, 15 de marzo, 2021. O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, recibiu esta tarde o Pescados Rubén Burela FS, no pazo de Raxoi, como o Mellor Club Feminino do Mundo, coa presenza do adestrador, Julio Delgado, a capitá, Peque, e as xogadoras galegas Lara Balseiro e Ale de Paz, xunto ao presidente laranxa, Manuel Blanco.
Núñez Feijoo felicitou o equipo mariñán pola conquista do triplete da Liga, a Copa da Raíña e a Supercopa de España esta tempada brillante, salientando ademais a contribución do club burelista pola igualdade no deporte. Durante o acto, o presidente galego loou tamén a traxectoria, esforzo e traballo das Guerreiras Laranxas por manterse e autoesixirse na elite do fútbol sala, cuxos éxitos tamén veñen de recoñecer os FutsalPlanet Awards 2020, non só co galardón de Mellor Club Feminino, senón coa segunda praza de Mellor Adestrador Feminino para Julio Delgado e de Mellor Xogadora para Peque.






















O público poderá degustar embutidos de porco celta da gandería Celtagal, de Mondoñedo. O deputado de Rural Daniel García, Alba Fernández, da organización das festas, e Iván Rodríguez e Jose Barreira, representantes de Asoporcel, presentaron a iniciativa, que se inclúe no programa de fomento do consumo de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural de gusto. O programa, posto en marcha en 2025 para socializar as calidades gastronómicas das carnes de razas autóctonas galegas con diferentes receitas, prevé este ano 37 degustacións en mercados, feiras e outras celebracións populares. Na organización, que conta coa colaboración das asociacións Puraga, Asoporcel e Boaga, prímase o emprego de materia prima de gandeiras e gandeiros locais.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.
Os concertos serán os xoves ás 20:30 h e incluirán propostas variadas como The Swinging Flamingos, Terrae & Nastasia Zürcher, César de Centi, Silvia Penide, Bela Clarlo, Disquetera e unha sesión especial de DJ Mr. Fishman o 11 de agosto. O Concello destaca que esta iniciativa busca dinamizar os espazos públicos, ampliar a oferta cultural do verán e converter a alameda nun punto de encontro para veciñanza e visitantes.


