Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2021. O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, mantivo un encontro esta fin de semana con representantes de tres Comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de Ribadeo co obxectivo de reforzar a colaboración con estas entidades para avanzar na anticipación aos incendios forestais. En concreto, o director xeral reuniuse con membros das comunidades de montes de Ove, Piñeira e Vilela, todas situadas nesta localidade lucense.
Así, a xuntanza serviu para que Manuel Rodríguez resolvese as súas dúbidas e escoitase as súas demandas en materia de prevención e extinción de incendios forestais. Nesa liña, tratáronse cuestións como as distancias que deben respectarse á hora de levar a cabo plantacións forestais ou os labores relacionados coa creación e mellora de devasas e faixas auxiliares. Así mesmo, fíxose mención ás tarefas que teñen que ver coa mellora e mantemento de pistas no monte ou ás relativas á eliminación de residuos forestais.
A maiores, no encontro falouse do estado dos puntos de auga situados na contorna destas comunidades de montes de Ribadeo, así como dos traballos de roza mecanizada arrastrada, roza manual ou roza mecanizada de brazo que leva a cabo a Consellería do Medio Rural para anticiparse aos lumes, sempre de acordo coas obrigas establecidas na Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
Por último, o director xeral de Defensa do Monte referiuse ás queimas controladas que está a levar a cabo o Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais (Spdcif), sempre respectando os máis estritos criterios técnicos, co obxectivo de reducir a vexetación e a cantidade de combustible vexetal. Nesa dirección, lembrou que estas queimas son empregadas non só para reducir as cargas de combustible forestal de cara á prevención de incendios, senón tamén para protexer núcleos de poboación, para favorecer determinados hábitats e a biodiversidade asociada, para eliminar formacións arbustivas de maneira selectiva ou para controlar pragas que afectan ás distintas especies forestais.




















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



