Friol, 3 de marzo de 2021. Os populares lucenses piden ao Goberno central que teñan en conta as alegacións presentadas polas Comunidades Autónomas, os Concellos e os sindicatos agrarios ao proxecto de orde ministerial promovido polo Executivo de Sánchez de incluír todas as poboacións de lobo de España no Listado de especies silvestres en réxime de protección especial (LESRPE).
No marco do procedemento de consulta pública previa da devandita orde, expresan o absoluto rexeitamento ante esta medida que consideran “inxustificada, innecesaria e inoportuna”, polo que solicitan, unha vez máis, ao Estado que desista da súa tramitación.
Así o indicaron o vicesecretario de Participación do PP, Jaime De Olano, e a presidenta provincial, Elena Candia, acompañados do deputado no Congreso, Joaquín García Díez, do senador, José Manuel Barreiro, do deputado autonómico e presidente da Comisión de Agricultura, Gandaría e Montes do Parlamento de Galicia, Daniel Vega, do voceiro do Grupo Provincial, Javier Castiñeira, e do deputado provincial e alcalde de Friol, José Ángel Santos, que coñeceron in situ como afecta as gandeiros esta norma durante a vista á comunidade de montes veciñais de Carballo que conta con 700 hectáreas de monte nas que crían cabalos, cabras e porcos da raza celta. Segundo manifestou o presidente, Ángel Buján, “nos últimos anos tivemos máis de 200 perdas por mor do lobo”.
Os populares continuaron así coa defensa dos intereses dos gandeiros da provincia e deron conta das iniciativas levadas a cabo tanto no Congreso, como no Senado, no Parlamento de Galicia, nos Concellos e na Deputación pola súa formación para que o Executivo de Sánchez reconsidere a decisión que conleva a protección deste animal. Foi, precisamente, nesta última administración onde o PSOE se opuxo á iniciativa do PP, “demostrando con elo que os intereses do seu partido están por riba dos dos gandeiros da provincia”, lembrou Castiñeira.
E é que, de levarse a cabo, esta sería unha medida que atacaría directamente á gandaría extensiva, actuando de forma “autoritaria, arbitraria y antidemocrática”, apuntou De Olano.
A presidenta provincial indicou: “Estanse desentendendo do medio rural ao non valorar o conflito que supón a coexistencia do lobo coas gandarías. Prohibir a súa caza atenta directamente contra os intereses dos nosos gandeiros. Parécenos un auténtico despropósito”. Elena Candia afirmou, deste xeito, que “non é que o digamos dende o PP, dio o sector. Precisamente, estes días os lobos volveron atacar na zona Mariña. A serra do Xistral é unha das zonas máis afectadas e os danos ocasionados son moi elevados. Hai que controlar a súa incidencia”, remarcou a dirixente popular.
A decisión do Goberno non se sustenta
A oportunidade deste cambio na catalogación actual do lobo xustifícase por parte do Ministerio para que esta ferramenta (o LESRPE) se manteña actualizada coa mellor información científica dispoñible, en cumprimento dos acordos adoptados na Comisión Estatal para o Patrimonio Natural e a Biodiversidade celebrada o pasado 4 de febreiro. Sen embargo, esta afirmación non pode sosterse tendo en conta que a posición das comunidades ante os dous órganos nos que están representadas a efectos de consulta (Comité de Flora e Fauna Silvestres, e Comisión Estatal para o Patrimonio Natural e a Biodiversidade), foi sempre contraria á inclusión, por carecer de base científica e de toda xustificación da necesidade dunha protección adicional do lobo ao norte do Douro, con respecto á que xa está vixente.
O obxectivo da orde ministerial impulsada polo ministerio é modificar o anexo do Real Decreto 139/2011 para o desenvolvemento do Listado de especies silvestres en réxime de protección especial e do Catálogo Español de Especies Ameazadas. Na actualidade, no Lesrpe só están incluídos de oficio polo Ministerio os exemplares de lobo ibérico localizados ao sur do río Douro pero se a devandita orde sae aprobada, incorporaríanse todas as poboacións españolas de Canis lupus.
Esta inclusión dificultaría moito, na práctica, a xestión da especie que veñen realizando nos últimos anos as comunidades lobeiras por excelencia (Galicia, Asturias, Cantabria e Castela e León, que concentran o 95% dos exemplares de lobo de todo o país). De feito, na nosa Comunidade, como xa defendeu a administración autonómica, hai garantías de que a explotación realizada sobre esta especie foi e é compatible co mantemento da mesma nun estado de conservación favorable, algo que o ministerio pretende agora alterar.
Dado o incremento significativo dos danos producidos polo lobo na Comunidade e na provincia, en particular, a problemática social asociada á especie podería derivar en problemas de conservación a longo prazo; de aí que a Xunta de Galicia, a través do Plan de xestión específico do lobo, que ten como fin principal garantir unha poboación estable da especie na Comunidade e, ao tempo, compatibilizar a súa existencia coa viabilidade económica das explotacións agropecuarias, xa estea adoptando medidas preventivas e establecendo liñas de axudas para paliar os danos que se producen.


























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



