Mondoñedo, 30 de marzo de 2021. Os Socialistas de Mondoñedo interpelaron ao Goberno Local sobre as obras que vai executar o concello na Praza da Catedral, na pasada sesión plenaria do mes de marzo. Concretamente o Grupo Socialista rexistrou unha pregunta para coñecer as previsións do Goberno do PP, sobre esta espazo, trala presentación deste proxecto o pasado mes de decembro diante da cidadania e no que recolleu as inquedanzas das veciñas e veciños sobre esta remodelación. Polo tanto queremos coñecer cal vai ser o proxecto que finalmente vai executar o Concello de Mondoñedo neste enclave. Nesta sesión plenaria o Goberno local contestou que van responder ás alegacións que se realizaron, e que tamén darán conta dos informes que están realizando os técnicos do Concello.
2.370 euros para duas películas
O Grupo Socialista de Mondoñedo tamén quixo coñecer o destino dunha factura por importe de 2.370 euros, dunha empresa audiovisual lucense, destinada a proxección de películas. Segundo o Goberno Local con cargo a este investimento proxectáronse dúas películas, no mes de xaneiro, ás que asistiron un total de 38 espectadores.
Ademais interesámonos pola destino da madeira da arbore de grandes dimensións que caeu na parte baixa do cemiterio vello do Concello. No que a dia de hoxe xa se procedeu a súa retirada, e comunicáronnos que a madeira non vale para arder, e que esta destinada a diversos centros de invetigacion para o seu estudo.
Inscricións catastrais igrexa
Por último, a través dun rogo, “demandamos ao Concello que inicie un expediente de comprobación, para estudar as inscricións catastrais realizadas pola Igrexa católica no noso concello, coa finalidade de verificar que non afecten a bens de titularidade pública. E dar conta ao Pleno da Corporación do resultado da comprobación realizada”.


















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



