Ribadeo, 31 de marzo de 2021. Ata o 4 de abril segue a semana dos descontos en 50 negocios ribadenses. A campaña denominada A falta de Semana Santa… semana dos descontos en Ribadeo está a ser un reclamo esta Semana Santa. Organizada por Acisa deu comezo o pasado venres.
O presidente de Acisa Ribadeo, Francisco Iriarte, indicou que “con esta campaña pretendemos axudar ao comercio a liquidar stock, a mostrar a roupa da nova tempada e a potenciar as vistas a Ribadeo. As impresións ata o de agora son boas, estásenos a indicar que houbo un aumento de vendas, polo que a campaña esta a ter boa acollida, e non so para levar produtos rebaixados, senón incluso para comezar a mercar produtos da nova tempada”.
Na semana dos descontos de Acisa participan 50 comercios de todo tipo: moda home e muller, calzado, electrónica, papelería, libraría, deportes, decoración, regalo… hai dende liquidacións de stocks ata fin de rebaixas, pasando por zonas outlet, 2×1, descontos do 20, 30 ata o 70 %, produtos a 5, 10, 20 … euros. Da ampla oferta da que están a gozar os ribadenses e as galegas e os galegos que estes días se acheguen a Ribadeo poden conseguir toda a información na páxina web www.acisaribadeo.es ou no facebook @acisaribadeo.
Previsións da Semana Santa
Segundo indica o xerente de Acisa, Jesús Pérez, “estamos moi contentos de cómo se está a desenvolverse esta Semana Santa nas circunstancias que vivimos. Dende o pasado fin de semana notouse un aumento da actividade económica da vila, en boa parte gracias aos propios veciños, pero tamén aos visitantes da comarca e do resto de Galicia. Onde menos se está a notar é no sector hoteleiro, que ata o de agora está entre un 30 e un 40 % de ocupación, pero hai que ter en conta que o turismo destes días é de vir pola mañá, visitar as tendas, gozar da nosa gastronomía, ver Ribadeo e volver á súa vila ou cidade. Na restauración estamos a falar entre un 75% ata un 90% de reservas nos restaurantes, e nos bares o que se nos indica é que a carga de traballo aumentou con creces, as terrazas especialmente estaban cheas a pasada fin de semana e veuse un Ribadeo cun movemento interesante, sempre votando en falta á veciñanza de Asturias”.
De cara aos próximos días “o que vai influír é a meteoroloxía, temos bos datos en reservas para restaurantes rozando o 75% de media, e esperamos que a ocupación hoteleira aumente ata o 50% con visitantes que veñan entra dous ou tres días”.
O xerente de Acisa indica: “respecto aos días de apertura do comercio durante a Semana Santa, como ven sendo habitual dende Acisa non se establece un calendario fixo, polo que temos coñecemento que a maior parte dos negocios asociados abrirán as súas portas o xoves e moitos deles o venres pola mañá. Subliñar que a hostalaría estará aberta e desexosa de recibir clientes. E por suposto o domingo o comercio ribadense estará aberto, coma sempre”.
O presidente de Acisa anima “á cidadanía a desfrutar con sentidiño de Ribadeo e de toda a oferta que aquí poderán atopar, no noso comercio, na nosa hostalería, na nosa vila. Sempre é un bo momento para vir a Ribadeo desde Viveiro, desde Lugo, desde A Coruña, desde Monforte ou desde Vigo e aproveitar a visita para saír de compras, xantar, tomar algo e achegarse, por exemplo, á praia das Catedrais”.
E engadiu: “esta semana dos descontos está a ser un reclamo en Ribadeo, non so para mercar, senon para desfrutar da gastronomía, do patrimonio… da nosa vila. E agardamos que de aquí ao domingo aínda o sexa moito máis”.





















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



