Lugo, 12 de abril de 2021. Alfoz, Foz, Barreiros e Viveiro acollerán nos vindeiros sete días cadansúa intervención artística arredor da figura de Rosalía de Castro. Os graffiteiros e muralistas Manuel Andrés Pallín, de Concepto Circo, e Van Kraft encargaranse de realizar murais que evocan a autora en diferentes espazos públicos.
No caso de Alfoz, o mural realizarase nun lateral do pavillón polideportivo mañá martes. O venres, a intervención será nun muro do polideportivo situado a carón da Praza de Rosalía de Castro de Foz, no Campo da Cabana. O sábado será a quenda de San Cosme de Barreiros, que homenaxeará Rosalía no parque de skate situado a carón do teleclube, recentemente instalado. Por último, o luns 19 a figura da autora cabeceira da literatura galega renovará a entrada da biblioteca pública de Viveiro.
As intervencións artísticas forman parte da programación organizada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo arredor da figura de Rosalía de Castro, en colaboración con concellos e centros educativos. A axenda, que botou a andar o pasado 24 de febreiro, coincidindo co aniversario do nacemento da poeta, inclúe a realización dunha vintena de murais e quince representacións teatrais coa figura de Rosalía de Castro como elemento común.
Os murais de Rosalía xa locen noutros concellos da comarca como Ribadeo, na rúa Rodríguez Murias, no centro histórico da vila, e Lourenzá, na entrada do CEIP Juan Rey. Ademais, nas últimas semanas, celebráronse representacións da obra “Rosalía”, dirixida por Fina Calleja, nos concellos do Vicedo, Cervo e Foz.
A vindeira cita co teatro na Mariña será o vindeiro xoves 22 de abril, véspera do Día do Libro, en Lourenzá coa representación da obra“A viaxe de Rosalía”, dirixida por Larraitz Urruzola. Trátase dun espectáculo de monicreques unipersoal, onde da man da narradora e titiriteira, con maletas cargadas de monicreques, teas, zapatos e libros, coñeceremos parte da obra e da biografía da autora.
“Linguaxes actuais para homenaxear a Rosalía”
A vicepresidenta da Deputación Maite Ferreiro sinalou que “son propostas que invitan a achegarse á figura de Rosalía de Castro desde unha perspectiva actual, con linguaxes e argumentos que conectan coa mocidade e que permiten poñer en valor todas as dimensións da figura de Rosalía, autora cabeceira da nosa literatura, pero tamén referente na defensa das mulleres, dos dereitos sociais e da lingua e da cultura”
“O ano pasado concentramos a programación no mes de febreiro, coincidindo co aniversario do seu nacemento pero, dada a situación sanitaria, nesta edición optamos por flexibilizar o calendario e facilitar que estas actuacións e intervencións artísticas poideran realizarse ao longo do ano. A iniciativa tivo moi boa acollida polo que, ao finalizar a programación, teremos chegado a unha vintena de concellos de todas as comarcas”, concluíu a vicepresidenta.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



