Santiago de Compostela, 15 de abril de 2021. A Comisión de Ordenación Territorial do Parlamento aprobou hoxe unha proposta do PSdeG para pedirlle ao goberno de España que continúe coa mellora nas condicións da liña de ferrocarril Ancho Métrico Ferrol – Xixón. A portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista, Patricia Otero, criticou o “abandono” da liña por parte do goberno de Rajoy, que estrangulou a infraestrutura ata deixala “na UCI” en 2018.
Otero sinalou que “tivo que chegar o goberno dun presidente socialista con compromisos, orzamentos, feitos e realidades para sacar ao tren da UCI, de planta e mesmo do Hospital”. Apuntou ao traballo inxente que require esta infraestrutura logo dun goberno do PP que “deixou moribundo” a unha liña ferroviaria que conecta 47 localidades de Ferrolterra, Ortegal, A Mariña e Asturias ao longo de 320 quilómetros, que non teñen outra alternativa de transporte público.
A responsable socialista aludiu ás denuncias dos veciños e dos alcaldes da perda de servizos e calidade neste ferrocarril, con ata 800 supresións de servizos en 2016, sen que o goberno galego amosara o máis mínimo interese por trasladar as necesidades das comarcas. Lembrou que o desinterese foi tal que obrigaron aos alcaldes e veciños a agardar máis dun ano, entre abril de 2016 e maio de 2017, ata que foron recibidos en San Caetano.
Apuntou que foi finalmente o goberno presidido por Pedro Sánchez o que aprobou o plan de renovación da flota de Renfe, presentado o pasado 29 de decembro, incluíndo a adquisición de 31 trens de Ancho Métrico que irán destinados tamén a Galicia, así como a convocatoria de 500 prazas de maquinistas, que se pechará este mesmo mes de abril.
Afeoulle ao PP que “critiquen a compra de 31 máquinas para mellorar o noso ferrocarril logo de que en sete anos e medio comprara cero” trens. Acusou ao representante do PP de “ir na liña contraria do presidente da Xunta, poñendo en cuestionamento as súas propias verbas” cando logo do encontro co ministro de Transportes recoñecía o avance nas infraestruturas de Galicia.



















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



