Lugo, 30 de abril de 2021. O goberno provincial, presidido polo socialista José Tomé, non dubida en usar como recurso político cando lle interesa o combate contra o despoboamento de amplas zonas do rural lucense. Pero, á hora da verdade, nada fai a Deputación para fixar poboación. Un recurso esencial para conseguilo e que as infraestruturas de comunicación estean en bo estado. E xustamente o contrario ocorre no Cadramón (O Valadouro) coa estrada provincial LU-P 6305, que está absolutamente desfeita, ata o punto de que para circular por ela é preciso facelo en vehículos todo terreo. O portavoz provincial do PP, Javier Castiñeira, insta ao presidente da Deputación a adoptar as medidas necesarias para reparar a citada vía, como piden insistentemente os veciños afectados.
Castiñeira explica: “Os veciños de O Cadramón, no concello de O Valadouro, reclaman á Deputación de Lugo que arranxe canto antes a estrada provincial LU-P 6305, que dá acceso a vivendas, montes comunais con gando e a parques eólicos, así como ao repetidor de televisión. Esta estrada está en moi mal estado, abandonadísima; é unha estrada de montaña e tal como está é perigosa. É unha estrada perigosa, que dá servizo a veciños de núcleos do interior da zona da montaña de O Valadouro”
O mesmo responsable popular sinala que na LU-P 6305 “as fochancas son enormes, de maneira que está impracticable”. Afirma: “ É necesario circular por ela en vehículos todo terreo. Chegou o momento de arranxar esta vía, porque non se fixo mantemento durante os últimos anos”. Lembra que o grupo provincial do PP presentou un rogo na Deputación para solicitar a reparación desta vía, “e pedímolo agora publicamente”. Castiñeira destaca que “os veciños están cansos de que non lles fagan caso, tal e como nos explicou Xosé Manuel Lamela, voceiro do PP en O Valadouro. “Están fartos de que ninguén lles faga caso; esperemos que a Deputación se tome en serio esta demanda dos veciños e arranxe canto antes esta estrada”, sinala Javier Castiñeira.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



