Ribadeo, 21 de maio de 2021. Ribadeo acollerá mañá, sábado, o 3º Torneo Inter Escolas de Ximnasia Rítmica na súa fase norte. No campionato daranse cita unhas 120 ximnastas de 6 clubs da provincia de Lugo e da Coruña. O evento, organizado polo Club Marusia coa colaboración do Club Porta Norte de Ribadeo, dará comezo ás nove e media da mañá e terá lugar no pavillón municipal.
A responsable do Club Porta Norte, Nelly Bouso, explicou que “é unha parte do torneo Inter Escolas, que se realiza entre todos os clubs de Lugo. Compiten as nenas do nivel máis baixo de competición das escolas, as nenas que se inician neste deporte. O que celebramos nesta ocasión é a fase norte, compiten as ximnastas da provincia de Lugo e da Coruña. Aproximadamente van participar unhas 120 ximnastas. Están divididas en tres quendas de competición para non superar os aforos e cumprir así o protocolo covid. En cada quenda aproximadamente compiten unhas 40 ximnastas. Na primeira competirán as que participan na modalidade individual e nas dúas seguintes as ximnastas dos conxuntos.
En total somos seis clubs da provincia da Coruña e Lugo, que somos os super vivintes que quedamos despois da pandemia”.
Nelly Bouso contou que “a primeira quenda de competición comezará ás nove e media da mañá, empezarán a chegar as ximnastas a partir das nove menos cuarto. Hai acceso de público, pero restrinxido. Soamente poden entrar aqueles familiares directos das ximnastas que se rexistraron con anterioridade, que nos facilitaron os seus nomes e DNI, e que están apuntados para poder asistir. Son un máximo de dúas persoas por ximnasta. A segunda quenda empezará sobre as doce da mañá e a última sobre as dúas da tarde. Contamos que todo estea rematado sobre as tres”.
O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, subliñou que “para Ribadeo supón unha oferta máis este fin de semana, cun evento dun deporte minoritario como a ximnasia rítmica. Destacar que é de carácter autonómico. Queremos darlle as grazas ao Club Porta Norte e a súa directora, Nelly Bouso, por apostar de novo para traer para Ribadeo este campionato. Hai que facer fincapé en que vai dar un impulso á hostalería, dentro das diferentes variantes que ten ese sector. É unha pinga máis de axuda a través das competicións deportivas para poder paseniñamente recuperar o antes posible, sen deixar de lado este protocolo sanitario impecable que se vai levar a cabo nesta competición. Desde o Concello queremos dicir que é outra aposta máis pola calidade deportiva, para este tipo de eventos que conxugan unha labor moi importante no tecido económico do concello de Ribadeo”.
























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



