Para esta fin, a Agrupación adiantou a colocación das faixas de Palabras no Balcón, pois normalmente facíao xa entrado o verán. Por iso, desde o mércores xa locen en 15 varandas de Ribadeo outros tantos poemas de Xela Arias, a autora que este ano se homenaxea. Por outra banda, xa o propio día 17, repartiranse entre as librarías caraveis vermellos para que agasallen as persoas que merquen libros en galego.
![A AC Francisco Lanza celebra as Letras Galegas cooperando na programación de Letras no Campo, a feira do libro de Ribadeo que terá lugar ata o 17 de maio e que organiza o Concello](https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2021/05/WhatsApp-Image-2021-05-13-at-15.19.55.jpg)