A Mariña, 11 de maio, 2021. O Proxecto do Parque Eólico Valvaler está localizado nos concellos de Ibias e Allande, na zona do Alto de Valvaler, Penedo dos Valíos e Busbeirón que, aínda que están en Asturias, fan fronteira directa co concello de Negueira de Muñiz, en Galiza. Pretenden construír 14 aeroxeradores que, xunto co tendido eléctrico para a canalización de enerxía, esténdense pola Paisaxe Protexida Sierra de Carondio e Valledor, afectando gravemente a Hábitats de Interese Comunitario e especies protexidas como o Oso Pardo, o Urogallo Cantábrico, o morcego Nóctulo Grande ou o Peto Mediano. Pero, ademais, non ten en conta a afectación e lexislación no territorio galego. É tal a falta de precisión do proxecto que confunde o Concello lucense de Negueira de Muñiz, tamén espazo protexido, cunha parroquia asturiana.
As instalacións proxectadas afectarían numerosos espazos da Rede Natura 2000, sendo os máis próximos as Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA) de Fuentes del Narcea, Degaña e Ibias, a ZEPA de Muniellos, as Zonas Especiais de Conservación (ZEC) de Río del Oro e Negueira, que se encontran dentro da área de influencia de 5 km das futuras instalacións. De feito a máis próxima é a ZEC de Negueira que se localiza a só 49 m do aeroxerador V-09. Por outra banda, resulta chamativo que se obvia por completo o Plan de Recuperación do Oso Pardo aplicable na zona.
No propio proxecto faise referencia á fraxilidade da paisaxe que se vería afectada e recoñécese que a construción do parque eólico levará asociado un risco de erosión debido ó movemento de terras e que, paralelamente a presenza da liña de alta tensión e o funcionamento dos aeroxeradores aumentarán o risco de incendio. Tamén se mencionan efectos directos e indirectos sobre fauna, vexetación, e contaminación acústica e visual, entre outros.
Os desmontes necesarios para a súa montaxe desfarían por completo varias montañas, xa que os accesos non poden superar o 7% de desnivel, cando os existentes son superiores ó 14% e son varios metros máis estreitos do necesario. Polo tanto, a perda da cuberta vexetal sería alarmante e afectaría ó hábitat de especies protexidas como oso pardo, lobo, pita de monte, peto mediano, voitre leonado, falcón peregrino, aguia real, nóctulo grande, etc., e flora como sobreira, freixo de folla estreita e acivro. A maiores das mortes por colisión, a fragmentación do territorio que supón, comporta a problemática da deriva xenética, “efecto illa”, e extinción de ditas especies xa de por si ameazadas. Ademais, tamén tería efectos nocivos sobre a saúde debido ó ruído e ós campos electromagnéticos que se orixinan, e producirá cambios drásticos no clima da zona dependendo da orientación dos aeroxeneradores, interferencias na rede de comunicacións, contaminación lumínica nocturna e gran impacto socioeconómico (despoboación e desvaloración turística).
Por outra banda, o proxecto afectaría a patrimonio cultural que se atopa a menos de 10km dos aeroxeradores, incluíndo unha longa lista (Castro-Collada, Explotación de Villalaín, Petroglifos de Pena Colmea, Conjunto del Pozo de las Mujeres Muertas, Torre del Valledor, etc.) na que non aparecen enumerados os bens localizados en Negueira. Tamén, a liña de alta tensión proposta sobrevoa o Camiño de Santiago en tres puntos.
Finalmente, arguméntase un envellecemento da poboación que non se corresponde coa tendencia que se está a vivir no Concello de Negueira. Esta tendencia oposta pon de manifesto a especial valoración do medio natural e sensibilidade cara unha economía sostible que ten a poboación de Negueira e que posibilita que a mocidade poida vivir no medio rural sen poñer en perigo o futuro das xeracións vindeiras.
Listaxe de entidades que apoian a plataforma “Stop Eólicos Negueira”:
● Amigos da Terra
● Asamblea Moza d’Asturies
● ASÍ NON
● Asociación A Volta Grande do Courel
● Asociación Asturiana d’Amigos de la Naturaleza
● Asociación CORRIPA
● Asociación Cultural Casa Queipo
● Asociación de Estudios Ornitológicos del Bierzo “Tyto Alba”
● Asociación Española para la Conservación y Estudio de los Murciélagos (SECEMU)
● Asociación Galega de Apicultura (AGA)
● Asociación Herpetológica Española – AHE
● Asociación Monte Galego
● Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza (ADEGA)
● Asociación Xuvenil Mezá
● Club de Montañismo Montaña de Trevinca
● Concello de Negueira de Muñiz
● Consejería de Administración Autonómica, Medio Ambiente y Cambio Climático, Principado de Asturias
● Consellería de Medio Ambiente, Territorio y Vivienda, Xunta de Galicia
● CRYOSANABRIA
● Ecoloxistas en Acción Galiza
● ENXEÑEIRXS sen FRONTEIRAS
● Fundación MATRIX
● Fundación Oso Pardo – FOP
● GEOTRUPES
● LLOBU, Ecoturismo y Medio Ambiente
● Medioambiente En Asturias (MAEA)
● Morcegos de Galicia
● Patrimonio dos Ancares
● Plataforma Becerreá
● Plataforma para la defensa de la Cordillera Cantábrica
● Plataforma Salvemos O Iribio
● Rede ContraMINAción
● Rede de Decrecemento
● Rede Galega por Un Rural Vivo
● Rural Sostible
● SEO/BirdLife
● Sindicato Labrego Galego
● Sociedade galega de ornitoloxía
● Varios montes veciñais en man común da contorna
● WWF
● Xente do Rural
























Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



