Lugo, 04 de maio de 2021. O PP acaba de recibir a confirmación de que a Valedora do Pobo acepta a trámite a queixa que presentou en relación co Plan de Impulso da Economía da Provincia de Lugo. O goberno provincial dispón de quince días para remitir á Valedora toda a documentación sobre este plan. O portavoz provincial do PP, Javier Castiñeira, sinala: “No Grupo Popular estamos satisfeitos por terse admitido a trámite pola Valedora do Pobo a reclamación que fixemos sobre o Plan de Impulso da Economía da Provincia de Lugo, un plan do que no PP dicimos que é un plan pantasma, engordado con accións que xa existían, que son previas incluso á pandemia provocada pola covid-19, e que consideramos que é única e exclusivamente propaganda, sen axudas directas a todos aqueles que o necesiten”.
Castiñeira explica: “O PP no seu día pediu o expediente deste plan e, segundo resposta do goberno da Deputación, no existe ese expediente, non hai máis que declaracións de intencións, accións políticas. E isto parécenos moi grave. Por un lado, porque estamos dando falsas informacións ao tecido económico lucense, que o está a pasar mal; por outra parte, estase gastando en propaganda o que se debería dedicar ás propias accións de impulso da economía, o cal é o un mal uso do diñeiro público; se sempre hai que esixir unha boa xestión, máis aínda en época de crise. Non se pode enganar a aqueles que o están a pasar mal”.
Segundo sinala o portavoz popular, “en 15 días, o goberno da Deputación debe remitir á Valedora do Pobo a documentación que non foi capaz de darlle ao PP de Lugo e debe xustificar que eses sete millóns de euros recaen directamente en axudas á reactivación”. Engade: “Esperemos estar equivocados, pero é certo que, ata agora, coa documentación que nos facilitou o goberno da Deputación, entendemos que este é máis un plan de propaganda e autobombo que de reactivación da economía lucense”.



















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



