Ribadeo, 4 de maio de 2021. Lola Rodríguez, Marta Cantón e Beatriz Núñez son as gañadoras das tres xoias que sorteou Acisa Ribadeo na súa campaña do día da nai. Este martes realizouse o sorteo, que foi gravado en vídeo e está publicado no facebook da asociación.
As afortunadas do sorteo son: Lola Rodríguez, da parroquia ribadense da Devsa cunha rifa cuberta en Clun (Os Irmandiños), que leva unha gargantilla de Xoiería Azabache; Marta Cantón, de Bares (A Coruña) foi a afortunada á que lle tocou un conxunto de colgante e pendentes de Terra Branca por unha compra realizada tamén en Clun (Os Irmandiños); e Beatriz Núñez, de San Cibaro que foi afortunada cunha pulseira de Pratería Gutié por unha compra realizada na Coqueta.
O xerente de Acisa Ribadeo, Jesús Pérez, indicou que “siguiendo el procedimiento estipulado en las bases se procedió a realizar las llamadas telefónicas tras el sorteo para comunicarlo a sus ganadores. Para ello teníamos 3 intentos en el intervalo de una hora, por eso tal y como se ve en el video tuvimos que volver a sortear la joya de Platería Gutié, que inicialmente le había tocado a una persona por una compra en Gasolinera Valcarce, pero al no responder a la llamada se sorteó de nuevo la joya”.
Pérez Prada fai un balance positivo da campaña: “se habían repartido 5.000 rifas y a la urna entraron 4.500. Los comercios nos cuentan que este año se retrasaron las compras, pero al final de semana fueron aumentando considerablemente. Es evidente que no es una campaña del día de la madre al uso, como venimos diciendo, nos falta la clientela de Asturias, pero cabe destacar aunque sea anecdótico que a Marta Cantón le tocó el premio por venir a visitar Ribadeo y aprovechó para hacer sus compras aquí, lo que indica que los vecinos ribadenses y gallegos también responden a la llamada ribadense y que por tanto Ribadeo sigue siendo un reclamo turístico y comercial”.
Sobre ‘Tapea con mamá’, o presidente e o xerente de Acisa, Francisco Iriarte e Jesús Pérez, sinalaron: “también estamos satisfechos, en general la tónica fue positiva, varios establecimientos nos indicaron que atendieron el máximo que la capacidad les permitía y algunos incluso acabaron existencias. Podríamos decir, que este primer simulacro de campaña hostelera lo superamos con éxito”.
E agradeceron a participación da hostalería e do comercio locais neste día da nai: “gracias por la colaboración de todos los establecimientos participantes, tanto las joyerías como los locales hosteleros, colaborar con campañas como estas supone un esfuerzo extra que a veces muestra recompensas y otras veces no y asumir ese riesgo es de agradecer”.
Iriarte e Pérez felicitaron aos premiados: “quisiéramos darle la enhorabuena a los premiados, y las gracias a todos los clientes y clientas que sean de donde sean, compraron sus regalos y probaron las tapas de este fin de semana. Ellos, al fin y al cabo son el motor de la economía ribadense”.























Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.



