Cervo, 10 de maio de 2021. O Concello de Cervo, a través das delegacións de Educación e Xuventude, que dirixen Dolores García Caramés e Denise Galán respectivamente, porán en marcha este verán unha nova edición do programa Avívate en Cervo, dirixido á mocidade de entre 18 e 35 anos.
Tal e como recordaron as concelleiras, a iniciativa de carácter gratuíta e que vai pola IV edición, tivo unha gran acollida desde os inicios, polo que apostamos por seguir ofrecéndolle á nosa mocidade de novo este verán “esta ferramenta formativa que consiste na realización dunha serie de actividades encamiñadas a dotalos da motivación e das habilidades precisas para o seu futuro, co obxectivo de contribuír a mellorar a súa empregabilidade nun mercado laborar cada vez máis competitivo”.
Neste senso, a actividade principal será o curso de monitor de tempo libre, que se impartirá dende o 5 xullo ata o 18 de agosto en horario de 9:00 a 15:00 horas. O programa complétase cun curso de manipulador de alimentos e outro de primeiros auxilios, que se desenvolverán na Casa da Cultura. Ademais tamén está programada unha xornada de ioga impartida por unha especialista, unha visita á Escola Infantil Municipal para coñecer o seu funcionamento e un xantar de convivencia para todas as persoas asistentes.
As persoas interesadas en participar deberán cubrir as inscricións e entregalas antes do 31 de maio na Casa da Cultura ou no Concello. As prazas son limitadas. https://drive.google.com/file/d/1NGYVTu_kzSduhoZ_gBPbp2KNsenevW-D/view.
Caramés e Galán amparáronse na experiencia das edicións anteriores para animar a todos os mozos e mozas a participar “neste programa que están demostrado que pode ser un bo complemento formativo e un apoio importante para o seu desenvolvemento persoal e profesional”.




























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



