Barreiros, 15 de Maio de 2021. Barreiros presenta a plataforma virtual AEscola, que será a ferramenta de divulgación cultural máis ambiciosa do concello e que servirá de carteleira de actividades, aula virtual interactiva e contará con espazos para os eventos das distintas asociacións culturais e centros educativos do concello.
“Este soporte facilitará que os seus contidos se poidan modificar e actualizar de forma constante, o que a converte nunha ferramenta actual e perdurable no tempo, así como traballar de forma coordinada desde as distintas áreas” sinala o concelleiro de dinamización, Daniel García.
A plataforma poñerase en marcha o luns 17 de maio cunha serie de actividades virtuais relacionadas coa conmemoración das Letras Galegas, as cales contarán con distintos niveis de dificultade.
Trátase dun espazo virtual que poderá convivir con actividades presenciais, coa versatilidade de poder manter dinamismo social en calquera situación. “A idea é que este espazo sirva de lugar de encontro e intercambio de coñecemento á vez que nos permita achegar á veciñanza as actividades educativas, culturais, etc que se realicen dende o Concello” apunta o edil barreirense.
Ao mesmo tempo, a plataforma será interactiva, polo que as persoas que participen nela non só recibirán información, senón que poderán alimentar o propio contido, creando o primeiro espazo virtual participativo municipal co que se pretende “aproveitar as debilidades da situación que estamos vivindo e convertelas en fortalezas; creando sinerxias e actuando como un espazo no que englobar, de xeito coordinado, toda a actividade que exista no concello”, conclúe García.
























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



