Madrid, 1 de maio de 2021. O Bloque Nacionalista Galego denuncia a posición do Goberno do Estado en relación ao “Colexio Vello” de Celeiro por descartaren a opción de cesión de uso e considerar que é precisa a transmisión da propiedade do inmoble para poder empregalo. Así mesmo, a organización nacionalista recrimina á Xunta de Galiza por aínda non establecer contacto coa Tesourería Xeral de Seguranza Social para levar a cabo a cesión sabendo da urxencia de rehabilitar e ubicar nestas instalacións a Escola Oficial de Idiomas.
A preguntas realizadas pola formación nacionalista, o Goberno do Estado insiste en que a única posibilidade existente é a venda das instalacións. Para o deputado do BNG no Congreso, este argumento non é razoábel posto que “a lei da Seguranza Social permite a cesión gratuíta dos bens inmóbeis sempre e cando se empreguen para fins de utilidade pública ou de interese previa comunicación a Dirección Xeral de Patrimonio do Estado”. Ambas opcións, tanto a enaxenación do inmóbel como a cesión das instalacións, son posíbeis e só precisan “o acordo e a vontade de ambas administracións implicadas para levalo a cabo”.
Así mesmo, tal e como explica o deputado nacionalista, existen “outros casos na comarca de bens de titularidade da Seguranza Social que foron cedidos de maneira gratuíta”. Néstor Rego tamén destaca que “o Ministerio non quere asumir ningunha responsabilidade para a rehabilitación ou o propio mantemento do edificio. A pesar de que o edificio non ten agora ningún uso, e que se destinaría a unha finalidade de utilidade pública, consideran máis importante obter unha compensación económica”.
“É urxente que a Escola Oficial de Idiomas se poida trasladar a estas instalacións e ampliar a oferta de servizos que presta ASPANANE na actualidade nese edificio” destaca Rego. Esta asociación leva esperando anos a que esta cesión se faga efectiva e “non pode tolerar un novo retraso” polo que resulta imprescindíbel que “a Tesourería Xeral da Seguranza Social e a Xunta de Galiza cheguen a un acordo e se produza a cesión”. Mesmo, aclara o deputado nacionalista, a enaxenación do inmóbel, mais que poida realizarse o máis rápido posíbel.























O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



