Ribadeo, 31 de maio de 2021. O Concello de Ribadeo licitará nos vindeiros días as obras para o amaño da rúa da antiga vía do tren mineiro e tamén a finais deste ano será arranxada a vía provincial que pasa por diante do campo de fútbol e vai ata a ponte do ferrocarril. O alcalde, Fernando Suárez, subliña que están a facer os estudos e proxectos previos para valorar outras actuacións no barrio da Pega e do Río do Amalló.
O rexedor explicou que “lles facemos unha cordial resposta explicativa das actuacións que estivemos facendo, que estamos a facer no presente e que faremos no futuro máis inmediato posible. Démoslles conta de que nos próximos días imos iniciar a licitación do amaño da rúa da antiga vía do tren mineiro, que vai desde o encontro co viario da Deputación ata o lugar dos Malatos. Este proxecto foi preparado nestes últimos meses, tivo que ter as pertinentes autorizacións de Patrimonio e de ser dotado, sobre todo, da correspondente partida económica. Temos ademais o compromiso da Deputación Provincial de Lugo de executar a finais deste ano o necesario arranxo da vía provincial que vai por diante do campo de fútbol ata a ponte do ferrocarril. Esta actuación é crucial para a seguridade pública non só dos veciños deses barrios, senón tamén dos do resto do concello por ser un viario vertebrador de todo o municipio”.
Suárez Barcia dixo que “tamén estamos precisamente nestes momentos facendo os estudos e os proxectos previos para valorar o resto de actuacións pendentes nesa ampla zona para facelo canto antes. Ademais temos que coordinar, coa empresa subministradora de enerxía eléctrica, as oportunas operacións de soterramento de cables para intentar facelo todo ao mesmo tempo. Debemos ademais pensar que estamos falando dun ámbito moi grande, non soamente o barrio da Pega, o da Faxarda, o do Río do Amalló, etc…, onde contamos con diferentes cualificacións urbanísticas que diferencian entre elas a actuación directa ou indirecta do Concello de Ribadeo, porque hai bolsas de solo urbano consolidado e hai outras bolsas de solo urbanizable”.
O alcalde ribadense engadiu que “en todo caso, de todo este inxente traballo que estamos a desenvolver e que vai requirir unha boa cantidade de recursos económicos, iremos dando conta pouco a pouco, a medida que vaiamos facendo, porque hai que ter en conta que unha das actuacións cruciais dun Concello son as infraestruturas e temos que telas en bo estado. Pero tamén hai outras igualmente importantes como son as sociais, as culturais, as educativas, as deportivas, as formativas e un longo etc…, e en todo iso temos que seguir poñendo o grao de area necesario na vertebración social e económica da vila e das parroquias. Polo tanto, gustaríanos chegar a todos os sitios ao mesmo tempo, pero iso é unha quimera e temos que ir facendo paseniño, pouco a pouco, imos facendo camiño, neste caso con intensidade, pero non podemos chegar a Roma nun día”.






















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



