Lugo, 11 de maio de 2021. A Xunta de Galicia colabora coa Fundación Bal y Gay para impulsar o festival do mesmo nome, que contempla dous ciclos de música con concertos en sete concellos da Mariña a celebrar neste mes de maio e en agosto. Hoxe tivo lugar a presentación do evento na Delegación Territorial da Xunta en Lugo, coa participación do delegado territorial, Javier Arias, e o presidente e a directora artística da fundación, Enrique Rodríguez e Alba Rodríguez respectivamente.
Arias explicou que o Goberno galego reforzou o seu apoio ao Festival Bal y Gay, ao que destina 33.000 euros en achegas da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, neste caso a través do programa O teu Xacobeo.
Este é o primeiro festival de música que se pon en marcha en Galicia dende o comezo da pandemia. Comezará co ciclo Schubert no Camiño, asociado á Ruta Xacobea e en colaboración coa Schubertiada de Vilabetrán, e nesta primeira entrega levaranse a cabo tres concertos en tres etapas do Camiño do Norte. A primeira destas citas será o 14 de maio e correrá a cargo da pianista Judith Jáuregui, na Basílica de San Martiño (Foz). Na xornada do día 15 actuarán Cuarteto Cosmos e o violonchelista Fernando Arias na igrexa de Santa María, en Vilanova de Lourenzá. O último concerto será o día 16 na Catedral de Mondoñedo co tenor Christoph Prégardien e o pianista Daniel Heide.
Pola súa banda, o ciclo Música á beira do mar celebrarase entre os días 18 e 26 de agosto e inclúe as actuacións de Cuarteto Seikilos (xoves 18 no Pazo do Conde de Fontao de Foz), Cantoría (venres 19 na igrexa de Santiago de Foz), o pianista Javier Perianes (sábado 20 no auditorio Hernán Naval de Ribadeo) e a Orquestra de Cámara do Festival Bal y Gay coa cantaora María Toledo, dirixidos por Jaume Santoja (domingo 21 no auditorio de Mondoñedo).
A programación continuará o martes 24 o guitarrista Pablo Sáinz-Villegas actuará na Fábrica de Sargadelos de Cervo. A continuación, na xornada do mércores 25, actuará Cuarteto Casals na Basílica de San Martiño de Foz. Para pechar a edición deste ano, a Orquestra Sinfónica de Galicia, acompañados por Dima Slobodeniouk, actuará o xoves 26 na Catedral de Mondoñedo.
Ademais, o Bal y Gay 2021 presentará dous concertos extraordinarios. O primeiro deles será do quinteto de metal Hercules Brass, que actuarán os días 22 e 23 en Barreiros e Vilanova de Lourenzá respectivamente. O segundo será a agrupación Puro Gerswin que actuará xunto coa cantante Sheila Blanco, o pianista Federico Lechner e o guitarrista Chema Sáiz o luns 22 en Foz. Ademais, tamén se realizarán concertos familiares con Cantoría os días 21 e 22 en San Cibrao, Ribadeo e Riotorto.
De xeito paralelo aos concertos, a organización do festival ten programados dous ciclos de conferencias: Encontros entre a música e a palabra, con invitados vencellados a música clásica e Descubrindo ás mulleres compositoras. Por último, haberá dous talleres en residencias da terceira idade de Foz e Ribadeo.





















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



