
Foto de arquivo
Lugo, 16 de xuño de 2021. A Consellería de Emprego e Igualdade investirá 369.500 euros no obradoiro de emprego de garantía xuvenil Territorio Vivo, que compartirán os concellos de Ribadeo e Barreiros e no que se formarán 16 mozos e mozas menores de 30 anos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, explicou que a actividade porase en marcha no prazo dun mes, e contará con oito alumnos traballadores na especialidade de Educación medioambiental e outros tantos na de Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos.
Un dos traballos que acometerán será a creación dunha ruta entre os dous concellos; en concreto, darán continuidade á Ruta dos montes de Ribadeo ata conectala coa Ruta do Comado de Barreiros. Na mesma liña, acondicionarán unha xeoruta pola ría de Ribadeo e outra pola Fraga de Santo Estevo do Ermo en Barreiros.
Ademais, realizarán talleres de educación medioambiental e crearán senllos centros de interpretación virtual do patrimonio natural, co rexistro de todos os bens que o compoñen nos respectivos termos municipais.
Por outra banda, na modalidade de tratamento de datos continuarán o labor de organización da documentación dos arquivos municipais que xa viñan desenvolvendo en edicións anteriores. Ao respecto, cómpre lembrar que a Consellería destinou no último ano 820.000 euros a outros dous obradoiros promovidos polo concello de Ribadeo: un deles na modalidade dual centrado no Camiño de Santiago, e outro de garantía xuvenil e compartido tamén con Barreiros, no que ambos avanzaron na dixitalización e ordenación de fondos documentais.
Os obradoiros de emprego proporcionan aos participantes formación teórica e práctica e experiencia laboral mediante un contrato de traballo; tamén impulsan o emprendemento, con coñecementos específicos que lles permiten poñer en marcha o seu propio proxecto de negocio. Son unha das propostas máis valoradas polos concellos porque realizan obras e servizos de interese xeral e social en beneficio da comunidade.






















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



