Burela, 26 de xuño, 2021. Para clausurar o ano escolar, a asociación cultural Os Matos do IES Perdouro que preside Benjamin Soto Cotón presentou a súa publicación anual Maruxía e fixo a entrega dos premios dos concursos de relato curto e de debuxo convocados.
(Asistiron ao acto Santiago Pérez Docobo, director do centro educativo; Benjamín Coto, Presidente da A.C. Os Matos, Antón Niñe, presidente de honra e Natalia Irimia, coordinadora do EDLG.)
Tivo lugar o pasado martes 22 de xuño a Festa das palabras e das letras, o acto anual de presentación da revista escolar “Maruxía” da Asociación Cultural “Os Matos”.
Benjamín Soto, presidente da AC “Os Matos”, abriu o acto con entusiasmo e agradeceu aos asistentes o seu compromiso coa publicación. A presentación dun novo exemplar da revista Maruxía é sempre un momento moi esperado. Maruxía nacía no curso 94-95 sendo unha revista humilde pero chea de vida, semente de ilusión e esperanza. A semente iniciada do ano 95 segue dando o seu froito en forma de letras, de palabras, de debuxos… Maruxía converteuse nun medio de expresión e información e nun vínculo de unión de toda a comunidade educativa do IES Perdouro.
Celia, Sofía, Antón e Álvaro, alumnado de 4º de ESO TIC, conduciron o acto e encargáronse de explicar como tiveron que traballar en equipo para poder sacar a diante unha nova edición da revista escolar. Maquetaron en Scribus e Canva as crónicas do alumnado e editaron as fotografías con GIMP. Distribuiron os artigos en varias seccións. Un ano máis, os principais responsables da elaboración dos contidos da revista foron alumnos de ESO, de bacharelato e docentes do centro. Tamén inclue códigos QR que fai dela unha revista máis interactiva para acceder aos traballos audiovisuais feitos dutrante o curso.
27 anos despois, a revista escolar dos Matos segue recollendo unha mostra das actividades e traballos realizados no centro durante un ano escolar diferente sen ningunha saída por culpa da pandemia.
Premios:
Natalia Irimia, coordinadora do EDLG, felicitou ás gañadoras do concurso de portada Maruxía: Ana Lestao Ben de 1º ESO (portada) e Lin Vizoso López de 4º ESO (contraportada)
Entregáronse os premios do XIV Concurso de relato curto e do XII Concurso de imaxe convocados anualmente pola Asociación Cultural “Os Matos” cuxo lema foi “Haberá vida noutro planeta?”. Benjamín Soto, presidente da A.C. “Os Matos”, felicitou aos premiados desta décimocuarta edición do certame. Antón Niñe, presidente de honra da asociación, Santiago Pérez, director, entregaron os diplomas e uns agasallos. As obras gañadoras pódense ler no número da revista escolar “Maruxía” deste curso.























Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



