Foz, 28 de xuño de 2021. O PP de Foz pon en valor o compromiso que demostra a Xunta con Foz, co impulso á instalación da nova planta depuradora de augas residuais, unha infraestrutura moi necesaria para resolver algúns dos problemas principais que ten este municipio. O portavoz popular, Javier Castiñeira, sinala: “A semana pasada, o PP de Foz mantivo unha reunión coa conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, a propósito da construción da nova depuradora de Foz; agradecemos que a Xunta de Galicia siga co compromiso firmado no seu momento co goberno do PP para a nova depuradora de Foz e que estea avanzado. No día de hoxe sae publicada oficialmente (DOG) a declaración de impacto ambiental, que é un paso fundamental para a súa posterior licitación”.
Castiñeira manifestou: “O que transmitiu a conselleira ao PP de Foz foi que se mantén o compromiso da Xunta. No próximo pleno do Concello aprobarase o anteproxecto, que é polo que apostou o PP, situando a depuradora na Granda, entre Forxán e Fazouro. No PP trataremos de que o goberno municipal inclúa unha partida nos orzamentos xerais do Concello para comprar os terreos”.
Os populares anuncian que velarán para que o goberno municipal prosiga cos trámites necesarios para a construción da nova depuradora. Castiñeira sinala: “Esperamos que o goberno municipal siga adiante e cambie definitivamente a súa opinión inicial, que era contraria a esta ubicación. Parece que non van impedir este proxecto, que é o de maior investimento que se vai facer neste concello”.
A nova infraestrutura “resolverá un problema medioambiental e de malos olores, que dan unha imaxe moi mala de Foz durante os veráns; é un paso fundamental para corrixir ese gran problema”.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



