Lugo, 4 de xuño de 2021. A Deputación de Lugo instalou na praza de San Marcos un expositor informativo durante este venres e mañá sábado con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente. O obxectivo deste stand, que esta mañá visitou o Presidente, José Tomé Roca, e os deputados de Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, é concienciar sobre o coidado e a protección do territorio a través de programas como Life in Common Land, na Serra do Xistral.
Este proxecto, impulsado pola institución provincial en colaboración coas universidades de Santiago e A Coruña, busca poñer en valor o recursos ambientais deste territorio e favorecer o seu desenvolvemento económico sostible da man das comunidades de montes veciñais.
A Serra do Xistral marca o bordo norte da Reserva da Biosfera Terras do Miño, do que a Deputación é órgano xestor. Esta é unha das tres reservas da provincia de Lugo, xunto con Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá, que tamén xestiona a institución provincial, e a Reserva do Eo, Oscos e Terras de Burón. En conxunto representan un 55% do territorio.
Dende a Área de Medio Ambiente da Deputación de Lugo tamén se puxo en marcha o proxecto finalista á Copa España Creativa 2020. Esta iniciativa ten como obxectivo a recuperación, conservación e aproveitamento económico sostible dos soutos existentes na Reserva da Biosfera Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá. O proxecto recibiu recibir 22.000 apoios, un 35,6% do total, na votación popular. Será en setembro cando se decida o vencedor desta Copa tras a avaliación do xurado experto.



















Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



