Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2021. O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, presentou hoxe na Mesa de Transición Xusta das Pontes a proposta da Xunta para reconverter a central térmica de Endesa nunha planta de biocombustibles, que conta con informes que corroboran non só a viabilidade técnica e ambiental do proxecto, senón tamén a económica. Na xuntanza, o Goberno comprometeuse a analizar o proxecto polo miúdo e buscar mecanismos de poxa que poidan dar apoio a esta alternativa.
“Hai unha viabilidade técnica, hai unha viabilidade ambiental e hoxe a Xunta trasladoulle ao Goberno que é posible unha viabilidade económica na medida en que neses mecanismos de poxa se poidan contemplar proxectos vinculados ás zonas de transición xusta”, dixo Conde tras a xuntanza na que presentou o informe que avala economicamente o proxecto, e que xa foi trasladado onte ao comité técnico das Pontes, onde están presentes o Concello, o Ministerio para a Transición Ecolóxica e Endesa.
O proxecto presentado pola Xunta para converter a central das Pontes nunha planta de biocombustibles suporía un investimento de 30 millóns de euros cun prazo de execución que comezaría a principios de 2022, unha vez finalizadas as probas de enxeñaría e posta a punto. Segundo precisou, permitiría crear máis de 100 empregos e dar unha resposta aos traballadores da central, da industria auxiliar e aos transportistas.
Trátase dunha alternativa que suporía a reconversión da central térmica das Pontes nunha planta 100% renovable, un proxecto que precisa dun compromiso real do Goberno, xa que para o seu desenvolvemento requirirase un réxime retributivo de 30€/MWh.
Neste contexto, Conde tamén manifestou o compromiso da Xunta de seguir colaborando na Mesa de Transición das Pontes na busca de alternativas e respostas. “Na medida en que se poidan concretar esas alternativas e na medida en que se poida concretar o modelo de cogobernanza, a Xunta seguirá colaborando co Ministerio a través dos convenios de transición xusta”, aseverou. Non obstante, reiterou que para que esa transición sexa verdadeiramente xusta, Galicia precisa “concreción, certezas e alternativas”.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



