Foz, 29 de xuño de 2021. Dous novos establecementos veñen unirse á lista de asociados de AciaFozCCA: Mercería Vera e Hillene Nails.
Laura Fanjul levaba un tempo dándolle voltas á idea de montar o seu propio negocio, algo que materializaba o pasado 18 de xuño. En Mercería Vera a clientela pode atopar “cremalleras, cintas de raso y de bies, hilos de coser y de bordar, botones, velcro, además de telas, artículos de bebé, ropa interior, pañuelos… una variada oferta de artículos”.
Mercería Vera é un dos novos locais asociados a AciaFozCCa: “me lo recomendó una amiga que abrió aquí también una tienda hace poco. Todo lo que sean ventajas para nosotros, así como ayudar y mover la economía de la zona es positivo”. Mercería Vera está situada na rúa Álvaro Cunqueiro.
Hai catro meses, o 8 de febreiro, abría as súas portas na vila focense Hillene Nails, que tamén acaba de facerse socia da AciaFozCCa. A súa propietaria Hillene Martins contou que “los servicios que ofrecemos son depilación facial y corporal, manicura, pedicura y construcción de uñas”. E amósase satisfeita coa acollida da clientela: “yo llevaba varios años trabajando en hostelería aquí en Foz, la gente me conoce y eso me ayudó un poquito. Estoy bastante contenta”.
Para Hillene Martins convertirse en socia de AciaFozCCA “es una manera de estar en comunión con el pueblo, que la gente sepa que tu eres asociada y para dar a conocer un poco el negocio”. Na rúa Alexandre Bóveda está Hillene Nails.
AciaFozCCA achégase deste xeito aos 150 asociados e asociadas.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



